«Das alte Karussell» ([]; en galego: «O carrusel vello») é unha canción escrita por George Betz-Stahl e interpretada en alemán por Lys Assia. Lanzouse como sinxelo en 1956 mediante Decca Records. Foi elixida para representar a Suíza no Festival de Eurovisión de 1956 tras obte-lo segundo posto nunha final nacional suíza.

Festival de Eurovisión 1956

miniatura|esquerda|Lys Assia, intérprete da canción, en 1957. Selección «Das alte Karussell» participou nunha final nacional organizada pola emisora suíza Télévision suisse romande. Quedou en segundo lugar, cualificandose para representar a Suíza no Festival de Eurovisión 1956 xunto a «Refrains», a canción gañadora da final.

No festival A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano, Suíza, o 24 de maio de 1956, sendo interpretada pola cantante suíza Lys Assia. A orquestra foi dirixida por Fernando Paggi.

Foi interpretada en segundo lugar, seguindo aos Países Baixos con Jetty Paerl interpretando «De vogels van Holland» e precedendo a Bélxica con Fud Leclerc interpretando «Messieurs les noyés de la Seine». O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.

Formatos e listaxe de cancións

Historial de lanzamento Rexión Data Formato Discográfica Ref. 1956 Sinxelo en disco de vinilo 7" de 45 RPM Decca Records

Notas

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Suíza no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións de 1956 Categoría:Cancións de Eurovisión 1956 Categoría:Cancións de Suíza en Eurovisión Categoría:Cancións en lingua alemá Categoría:Sinxelos de 1956