«Ne crois pas» (en galego: «Non creas») é unha canción composta por Christian Guittreau e interpretada en francés por Michèle Arnaud. Lanzouse como sinxelo en 1956 mediante Ducretet Thomson. Foi elixida para representar a Luxemburgo no Festival de Eurovisión de 1956 tras ser seleccionada internamente pola emisora luxemburguesa Télé-Luxembourg.
Festival de Eurovisión 1956 Selección «Ne crois pas» foi seleccionada para representar a Luxemburgo no Festival de Eurovisión 1956 pola emisora luxemburguesa Télé-Luxembourg.
No festival A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada pola cantante francesa Michèle Arnaud. A orquestra foi dirixida por Jacques Lassry.
Foi interpretada en sexto lugar, seguindo a Francia con Mathé Altéry interpretando «Le temps perdu» e precedendo a Italia con Franca Raimondi interpretando «Aprite le finestre». O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Luxemburgo no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións de 1956 Categoría:Sinxelos de 1956 Categoría:Cancións de Eurovisión 1956 Categoría:Cancións de Luxemburgo en Eurovisión