«Messieurs les noyés de la Seine» (; en galego: «Señores afogados do Sena») é unha canción escrita por Robert Montal, Jean Miret e Jacques Say interpretada en francés por Fud Leclerc. Foi elixida para representar a Bélxica no Festival de Eurovisión de 1956 tras ser seleccionada internamente pola emisora belga Radio-Télévision belge de la Communauté française.

Festival de Eurovisión 1956

miniatura|esquerda|Fud Leclerc, intérprete da canción, en 1958. Selección «Messieurs les noyés de la Seine» foi seleccionada para representar a Bélxica no Festival de Eurovisión 1956 pola emisora belga Radio-Télévision belge de la Communauté française.

No festival A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano, Suíza, o 24 de maio de 1956, sendo interpretada polo cantante belga Fud Leclerc. A orquestra foi dirixida por Léo Souris.

Foi interpretada en terceiro lugar, seguindo a Suíza con Lys Assia interpretando «Das alte Karussell» e precedendo a Alemaña con Walter Andreas Schwarz interpretando «Im Wartesaal zum großen Glück». O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.

Notas

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Bélxica no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións de 1956 Categoría:Cancións de Eurovisión 1956 Categoría:Cancións de Bélxica en Eurovisión Categoría:Cancións en lingua francesa