Chakir El Homrani Lesfar, nado en Barcelona en 1979, é un sociólogo, político independentista e sindicalista catalán de orixe marroquí. É deputado no Parlamento de Cataluña e dende 2015 concelleiro do Concello de Granollers. Foi Conseller de Traballo, Asuntos Sociais e Familias da Generalitat de Cataluña entre 2018 e 2021.

Traxectoria Nas eleccións municipais de 2015, foi elixido concelleiro de Granollers pola lista ERC - Acción Granollers, formación que obtivo tres escanos. A proposta de ERC, foi elixido membro da lista Junts pel Sí nas Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015 como quinto candidato do partido republicano ocupando o posto número 15 da lista na provincia de Barcelona.

Foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña na XI Lexislatura pola lista Junts pel Sí. Ocupaba a posición 15 da circunscrición de Barcelona. Durante devandita lexislatura colaborou activamente coa ex-conselleira Dolors Bassa para desenvolver a lei de Renda Garantida e foi un dos redactores do grupo parlamentario dunha das tres normas chamadas de desconexión: a lei de Protecció Social de Cataluña.

Tamén foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña na XII Lexislatura por Esquerra Republicana de Catalunya. Ocupaba a posición 21 na lista pola Circunscrición de Barcelona.

Nas eleccións do 21 de decembro de 2017 non foi elixido deputado pero incorporouse ó grupo parlamentario de ERC despois de que Dolors Bassa, Carme Forcadell e Marta Rovira renunciasen ós seus respectivos escanos o 23 de marzo de 2018.

O 19 de maio de 2018 foi designado Conselleiro do Departamento de Traballo, Asuntos sociais e Familias da Generalitat de Cataluña en substitución de Dolors Bassa. Debido a iso o 14 de xuño renunciou xunto á tamén conselleira Alba Vergés á acta de deputado para centrarse no seu novo posto no govern.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Cataluña

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1979 Categoría:Políticos de ERC