O Risco Caído é un sitio arqueolóxico da cultura prehispánica de Gran Canaria. Atópase situado no concello de Artenara, na illa de Gran Canaria. É ben de Interese cultural dende 2017 e Patrimonio Mundial da UNESCO dende o 7 de xullo de 2019, de forma conxunta cunha zona de 18000 ha. denominada "Paisaxe Cultural do Risco Caído e os Espazos Sacros de Montaña de Gran Canaria", que abranugue os concellos de Artenara, Tejeda, Gáldar e Agaete. É o primeiro ben Patrimonio da Humanidade da illa de Gran Canaria e da provincia das Palmas e o quinto do arquipélago canario.

Localización O sitio localízase na marxe esquerda do barranco Fondo, que separa os actuais municipios de Artenara e Gáldar. A uns 100 metros de altura con respecto ó fondo do barranco nun saínte do mesmo atópanse escavadas as covas.

Trátase da zona cumio da illa de Gran Canaria e nas súas proximidades localízanse outros importantes sitios arqueolóxicos aborixes como o Roque Bentayga, a “Cova dos Candís” no risco de Chapín ou a Mesa de Acusa.

Descrición O sitio consiste en 21 covas escavadas na rocha volcánica do cantil do barranco. Ditas covas tiveron uso habitacionais e agrario-gandeiro polo menos durante 600 anos, especulándose que estiveron ocupadas até principios do século XX.

Almogarén ou santuario de Risco Caído Ademais dos usos citados, a cova coñecida como C6 suponse que era un almogarén ou lugar de reunión dos Faycanes (sacerdotes canarios). A cova ten a particularidade da súa estrutura abovedada (caso único nas illas) e contar cun orificio artificial que ó recibir a luz do amencer produce un efecto óptico peculiar sobre as imaxes impresas na parede da cova. Os debuxos de triángulos (posiblemente representacións de pubes) fan supor de que se trata dun templo dedicado á fertilidade. Tamén se considera que foi usado como observatorio astronómico por aborixes.

Críticas A inclusión de Risco Caído na lista dos Patrimonios da Humanidade pola UNESCO foi criticada por certos sectores, como o matemático José Barrios que considera a falta de apoio científico para consideralo realmente un observatorio astronómico aborixe ou a sobreprotección institucional deste enclave fronte a outros en Gran Canaria, como o xacemento arqueolóxico de Cuatro Puertas,Los que rompen la unanimidad sobre Risco Caído o tamén xeógrafo Eustaquio Villalba, puxo en dúbida a existencia dun observatorio astronómico en Risco Caído. Tanto criticando tamén que un único artigo (que consideran con "pouco base científica"), escrito polo descubridor do sitio, Julio Cuenca, foi suficiente para tal declaración internacional.Risco Caído, un ejemplo de historia manipulada

Notas

Categoría:Patrimonio da Humanidade nas Canarias