Ángel José Portela Pardo, nado en Ponte Caldelas cara a 1905 e finado no Saviñao en maio de 1982, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Portela. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926, foi farmacéutico auxiliar do Exército e profesor axudante de clases prácticas adscrito ás cátedras de Química Inorgánica e Farmacia Práctica. Colaborou en El Pueblo Gallego. Instalado como farmacéutico en Taboada dende 1929, foi Inspector Farmacéutico Municipal. Afiliado a Unión Republicana, foi presidente da agrupación local de Taboada, e foi vogal do comité de propaganda pro-estatuto de Galicia de Taboada.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado como inspector farmacéutico municipal ata que foi reposto en 1940. O Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas condenouno en 1941 a unha sanción económica de 500 pesetas. Foi académico correspondente da Real Academia Nacional de Farmacia dende 1942. Finou no Saviñao en maio de 1982.La Voz de Galicia, 29-5-1982, p. 27.

Vida persoal

Casou en Cacabelos coa mestra de Taboada dos Freires Antonia Fernández López en outubro de 1929.El Progreso, 17-10-1929, p. 1. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Farmacéuticos de Ponte Caldelas Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ponte Caldelas

Categoría:Nados en 1905

Categoría:Finados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Académicos da Real Academia Nacional de Farmacia