A carracha común (Ixodes ricinus) é unha especie de ácaro da familia Ixodidae. É unha carracha de corpo duro propia de Europa. É hematófaga (aliméntase de sangue) e perfora a pel coas súas pezas bucais. É un vector da febre bovina por carracha, da encefalite transmitida por carracha e da doenza de Lyme. esquerda|miniatura|Carracha común tras inxerir alimentos.
Descrición Os machos miden uns 2,5 mm aproximadamente, mentres que as femias alcanzan entre 3 e 4 mm, aínda que tras alimentarse pode chegar aos 10 mm. Os machos presentan o corpo cuberto por unha cuncha maciza, a cal nas femias só se atopa na parte anterior do corpo, polo que a a zona posterior é moi flexible.
Notas
Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Parasitos