Julio Sabio Sanmartín, nado na Coruña cara a 1895 ou 1896Faleceu con 40 anos. e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936Non obstante, o Diccionario Biográfico del Socialismo Español dá como data de defunción o 14 de agosto., foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Tesoureiro do Sindicato de Traballadores de Oficinas da UGT, exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Cipriano Alvite Alonso, Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Venancio Seoane García e José Quintas Pena.El Eco de Santiago, 11-8-1936, p. 2.
Vida persoal Casado con Teresa Fernández Rodríguez, tiña catro fillos. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados no século XIX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos