Venancio Seoane García, nado na Coruña cara a 1887Faleceu con 48 anos e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Camareiro. Afiliado ao PSOE e a UGT, era dirixente das Juventudes Socialistas e membro da directiva da Sociedad de Dependientes de Casino. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de agosto canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Cipriano Alvite Alonso, Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Julio Sabio Sanmartín e José Quintas Pena.El Eco de Santiago, 11-8-1936, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Venancio Seoane García e outros

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados no século XIX Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos