Juan Díaz Lobelos, coñecido como Juan de Xan de Siso, nado en Fisterra e finado en Porto Rico en 1997, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Emigrou con 17 anos aos Estados Unidos de América, onde traballou de chofer, albanel, mineiro, fogueiro e mariñeiro. En 1932 foi detido e procesado por motivos político-sindicais, e regresou a Galicia. Instalouse na Coruña, traballou como mariñeiro e foi membro da Sociedade de Oficios Varios da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e torturado, conseguindo fuxir. Regresou a Fisterra buscando protección na familia. Fuxiu co seu irmán José no pesqueiro Cabo Finisterre o 18 de decembro de 1936 logrando chegar a Asturias, desembarcando en San Esteban de Pravia. Combateu no exército leal. Foi xulgado en Ferrol e declarado en rebeldía. Logrou exiliarse en Francia. Residiu en Alxer até 1951, cando o seu irmán José o reclamou e puido marchar a Arxentina. Embarcou na mariña mercante arxentina e abandonou o buque en Nova York onde quedou a vivir. En Nova York casou cunha portorriqueña, e ao xubilarse trasladáronse a Porto Rico, onde morreu.
Véxase tamén Bibliografía Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego
Outros artigos
José Díaz Lobelos Ligazóns externas Juan y José Lobelos, los dos escapados de Fisterra en el 36 Y al regresar de viejo a Fisterra dijo: «Pepe, tú para España ya no eres nadie»
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Galegos de Porto Rico Categoría:Nados en Fisterra Categoría:Finados en 1997 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes