miniatura|150px|Estrutura xeral dun hidroperóxido orgánico cos grupos funcionais marcados en azul. Un hidroperóxido ou peroxol é un composto que contén o grupo funcional hidroperóxido (ROOH). Se R é orgánico, o composto denomínase hidroperóxido orgánico, que é un tipo de peróxido orgánico, o cal ten a fórmula xeral ROOR. Os hidroperóxidos orgánicos poden de forma intencionada ou non iniciar unha polimerización explosiva en materiais con enlaces químicos insaturados.Klenk, Herbert; Götz, Peter H.; Siegmeier, Rainer; Mayr, Wilfried, "Peroxy Compounds, Organic", Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, Weinheim: Wiley-VCH
Propiedades
A lonxitude de enlace O−O no peróxidos é duns 1,45 Å e os ángulos R−O−O (R = H, C) son duns 110°. Os ángulos diedros nos enlaces C−O−O−H son duns 120°. O enlace O−O é relativamente débil, cunha enerxía de disociación de enlace de 45–50 kcal/mol, que é de menos da metade da forza dos enlaces C−C, C−H e C−O.
Uso e reaccións
Os hidroperóxidos poden ser reducidos a alcohois con hidruro de litio aluminio, como se describe na seguinte ecuación idealizada: 4 ROOH + LiAlH4 → LiAlO2 + 2 H2O + 4 ROH Esta reacción é na que están baseados os métodos de análise de peróxidos orgánicos. Outro xeito de avaliar o contido de perácidos e peróxidos é a titulación volumétrica con alcóxidos como o etóxido de sodio. Os ésteres de fosfito e fosfinas terciarias tamén realizan a redución: ROOH + PR3 → OPR3 + ROH
Os hidroperóxidos son intermediarios na produción de moitos compostos orgánicos na industria. Por exemplo, na oxidación catalizada polo cobalto de ciclohexano a ciclohexanona:^ Michael T. Musser (2005), "Cyclohexanol and Cyclohexanone", Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, Weinheim: Wiley-VCH, doi: 10.1002/14356007.a08_217 C6H12 + O2 → (CH2)5CO + H2O A acetona e fenol prodúcense polo denominado proceso do cumeno, que se produce a partir do hidroperóxido de cumeno.
Moitos epóxidos prepáranse usando hidroperóxidos como reactivos, como o proceso Halcon para a produción de óxido de propileno. A epoxidación de Sharpless é unha reacción relacionada realizada a escala de laboratorio. O ter-butil hidroperóxido (TBHP) é un oxidante soluble en solventes orgánicos empregado nestas operacións. center|400px|A epoxidación de Sharpless
Os aceies secantes, como os que se encontran en moitas pinturas e vernices, funcionan por medio da formación de hidroperóxidos.
Formación
Os hidroperóxidos xogan un importante papel en bioloxía. Coñécense centos de hidroperóxidos, que derivan de ácidos graxos, esteroides, e terpenos. A biosíntese destas especies é efectuada en gran medida por enzimas. miniatura|400 px|center|Transformación biosintética ilustrativa na que están implicados hidroperóxidos. Aquí xérase cis-3-hexenal pola conversión de ácido linolénico no hidroperóxido pola acción dunha lipoxixenase seguida da formación dun hemiacetal inducida por unha liase.
miniatura|250px|Síntese do hidroperóxido de cumeno Os compostos con enlaces C-H alílicos e bencílicos son especialmente susceptibles á oxixenación.. Esta reactividade aprovéitase industrialmente a moi grande escala para a produción de fenol polo proceso do cumeno ou proceso de Hock cos intermediarios cumeno e hidroperóxido de cumeno.Brückner, R. Reaktionsmechanismen: organische Reaktionen, Stereochemie, moderne Synthesemethoden, pp. 41–42, Spektrum Akademischer Verlag, Munich, 2004, (en alemán) Ditas reaccións dependen de iniciadores de radicais quet reaccionan co oxíxeno para formar un intermediario que abstrae un átomo de hidróxeno dun enlace C-H débil. O radical resultante únese ao O2 para dar un hidroperoxil (ROO.), que despois continúa o ciclo de abstracción do átomo de H.Heinz G. O. Becker Organikum, Wiley-VCH, 2001, pp. 206–207
A reacción de autooxidación obsérvase con éteres comúns, como o dietil éter, diisopropil éter, tetrahidrofurano ou 1,4-dioxano. Un produto ilustrativo é o dietil éter peróxido. Dito composto pode orixinar unha forte explosión. O solvente común tetrahidrofurano (THF) exemplifica esta tendencia a formar hidroperóxidos altamente explosivos almacenados ao aire. 300px Para minimizar este problema as mostras comerciais de THF adoitan estar inhibidas con hidroxitolueno butilado (BHT). A destilación de THF ata quedar seco evítase porque os peróxidos explosivos se concentran no residuo.
miniatura|230px|Síntese de hidroxiperóxidos de alquenos e oxíxeno singulete nunha reacción eno
Notas
Categoría:Peróxidos orgánicos Categoría:Aditivos alimentarios Categoría:Grupos funcionais