Sakura 2B, coñecido tamén como CS 2B (acrónimo de Communications Satellite) foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 5 de agosto de 1983 mediante un foguete N-2 desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características Sakura 2B, xunto con Sakura 2A, era parte da segunda xeración de satélites de comunicación xaponeses. Foi usado como satélite de reserva en caso de fallo de Sakura 2A. Levaba a bordo 4 transpondedores en banda Ka e foi inxectado nunha órbita xeoestacionaria, nunha posición de 136º E.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Sakura (satélite) Sakura 2A Sakura 3A Sakura 3B
Categoría:Satélites artificiais