Sakura 3B, coñecido tamén como CS 3B (acrónimo de Communications Satellite) foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 16 de setembro de 1989 mediante un foguete H-I desde o Centro Espacial de Tanegashima.

Características Sakura 3B, xunto con Sakura 3A, era parte da tereceira xeración de satélites de comunicación xaponeses que substituíu a Sakura 2A e Sakura 2B. Foi usado como satélite de reserva para Sakura 3A. Levaba a bordo 3 transpondendores en banda C e 15 en banda Ka. Foi inxectado nunha órbita xeoestacionaria, nunha posición de 132º E. Cesou as súas operacións o 31 de maio de 1996.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sakura (satélite) Sakura 2A Sakura 2B Sakura 3A

Categoría:Satélites artificiais