Margareta Niculescu, nada en Iaşi (Romanía) o 4 de xaneiro de 1926 e finada en Charleville-Mézières (Francia) o 19 de agosto de 2018 foi unha artista, monicrequeira, profesora e directora de teatro romanesa. Dende a década de 1950 contribuíu á renovación da arte dos monicreques en Europa e no resto do mundo. Foi directora do Teatro Tandarica de Bucares. Entre 2000 e 2004 foi a presidenta da International Puppetry Association en Charleville-Mezieres e cofundou con Jacques Felix, a Escola Nacional das Artes dos Monicreques nesa cidade. En 1978 recibiu o premio Erasmus xunto con outros destacados monicrequeiros como Yves Joly, Peter Schumann e os irmáns Napoli.

Traxectoria Nada en Iaşi, Romanía, Niculescu descubriu un grupo de monicrequeiros e considerou a súa arte teatral e dirixida precisamente aos seus proxectos. O teatro de monicreques nesa época non estaba nin estruturado nin profesionalizado en Romanía, senón que pequenos grupos de artistas creaban as súas personaxes dende o folclore tradicional.

Nese tempo o Partido Comunista Romanés tomou o poder e aboliu a monarquía, proclamando a República Popular de Romanía o 30 de decembro de 1947. O partido creou entón unha nova rede de institucións culturais controladas polo estado. Como parte do proceso, Niculescu foi convidada polo Ministerio de Cultura a axudar a levar os monicreques a un novo nivel como teatro nacional. Neste novo campo, Niculescu comezou estudos no Instituto das Artes Teatrais e Cinematográficas de Bucarest, e converteuse en directora do Teatro Tandarica da capital. Nese momento tiña vinte e tres anos e permaneceu no cargo entre 1949 e 1986. Como directora, recibiu o premio Erasmus en 1978, recoñecida por ser "un teatro colorista e imaxinativo que tivo unha influencia fértil nos monicreques de posguerra".

En 1985–1986, despois de 37 anos á fronte do Tandarica Theater, Niculescu (con Jacques Felix) fundou o Instituto Internacional de Monicreques nas Ardenas. Tres anos máis tarde, de novo con Felix, creou a Escola Nacional de Monicreques en Charleville Mezieres, da que foi directora entre 1987 e 1998.

Niculescu faleceu o 19 de agosto de 2018 en Charleville-Mézières, aos 92 anos.Décès de Margareta Niculescu, co-fondatrice de l'Ecole Nationale Supérieure de la Marionnette de Charleville-Mézières

Obras Světové loutkářství : současné loutkové divadlo slovem i obrazem, 1966, en checo. The puppet theatre of the modern world; an international presentation in word and picture, UNIMA, 1967, inglés e alemán. Puppentheater der Welt; zeitgenössisches Puppenspiel in Wort und Bild, UNIMA, 22 reimpresións 1965 – 1968 en Alemaña. Marionnettes du monde entier : théâtres de marionnettes contemporains, UNIMA, 1967, en francés. L'avant-garde et la marionnette, 1988, en francés. Die Avantgarde und das Figurentheater, 1993, en alemán. Marionnettes en territoire brésilien, Festival mondial des théâtres de marionnettes, 1994, en francés. Passeurs et complices (Passing it on), Institut international de la marionnette, en francés e inglés, 2009.

Notas

Categoría:Nados en Iași Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Directores de teatro de Romanía Categoría:Artistas de Romanía