Alba Carballal Gandoy, coñecida como Alba Carballal, nada en Lugo o 23 de setembro de 1992, é unha arquitecta e escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria
Arquitecta pola Universidade Politécnica de Madrid, estudou Dereito na UNED. Traballou como tradutora. En 2016 obtivo unha bolsa de residencia literaria na Fundación Antonio Gala, durante a que escribiu a súa primeira novela. Colabora en Arquitectura Viva e na web literaria Zenda. Obras Tres maneras de inducir un coma (2019). Seix Barral. 288 páxs. ISBN 9788432234644. Novela. Bailaréis sobre mi tumba (2023). Seix Barral. 336 páxs. ISBN 9788432242151. Novela.
Infanto-xuvenil Tu hogar en cualquier sitio (2021). . Editorial Flamboyant, S.L. 52 páxs. ISBN 9788418304071. Ilustracións de Lorenzo Sangiò. Casa teva a qualsevol lloc (2021). Editorial Flamboyant, S.L. 52 páxs. ISBN 9788418304064. Ilustracións de Lorenzo Sangiò, tradución de Marta Breu.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas ¿Quién es Alba Carballal?: todo sobre la joven escritora que relevará a Eduardo Mendoza
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes