Creta e Cirenaica () foi unha provincia senatorial do Imperio romano, establecida no 67 a.C. Comprendeu a illa de Creta e a rexión de Cirenaica na actual Libia.

A vontade de Apión e o dominio romano da Cirenaica Ptolomeo Apión, o último rei do Reino de Cirenaica, legou o seu reino á República Romana cando morreu sen fillos no 96 a.C. Roma aceptou esta herdanza de Ptolomeo Apión, pero preferiu deixar a administración aos gobernantes locais, en vez de facer un control directo. Con todo, polos anos 70 a.C., as revoltas civís de colonos xudeus comezaron a desestabilizar a provincia e o Senado romano viuse forzado a actuar. No 74 a.C., enviaron un oficial de baixo nivel, o cuestor Cornelius Lentulus Marcellinus, para anunciar oficialmente a Cirenaica como provincia romana e restaurar a orde. O feito de que o Senado enviara a un funcionario tan baixo, indica a dificultade política que tiña a República para gobernar o seu crecente imperio, así como a facilidade coa que Cirenaica estaba disposta a someterse á gobernanza romana e á estabilidade que bindaba.

Conquista romana de Creta Marcus Antonius Creticus atacou Creta no 71 a.C. e foi repelido. Entón, no 69 a.C., Roma encomendou a Quinto Cecilio Metelo e, tras unha feroz campaña de tres anos, Creta foi conquistada por Roma no 66 a.C., Metelo gañou o agnomen "Creticus" como honra pola súa conquista e subxugación de Creta.

Provincia No 67 a.C., Creta e Cirenaica combináronse nunha soa provincia coa súa capital en Gortina en Creta. Debido a que este arranxo era xeograficamente inconveniente, Diocleciano dividiu a provincia no 298 d.C.

Lista dos gobernadores romanos Aulus Minicius Rufus 71/72 d.c.Salvo que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores proconsulares de 71 a 135 son extraídos de Werner Eck, "Jahres- und Provinzialfasten der senatorischen Statthalter von 69/70 bis 138/139", Chiron, 12 (1982), pp. 281-362; 13 (1983), pp. 147-237 Catullus 72/73 Gaius Arinius Modestus 73/74-74/75 Silo Aulus Julius Quadratus 84/85 Gaius Pomponius Gallus Didius Rufus 88/89 Gaius Memmius [...] 98/99 Lucius Elufrius Severus 99/100 Lucius Aemilius Honoratus Entre o 97 e o 118 Titus Vibius Varus Entre o 97 e o 118 Salvius Carus 134/135 Quintus Caecilius Marcellus Dentilianus c. 140Salvo que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores proconsulares de 140 a 165 son sacados de Géza Alföldy, Konsulat und Senatorenstand unter der Antoninen (Bonn: Rudolf Habelt Verlag, 1977), pp. 263f Quintus Julius Potitus entre o 138 e o 161 Gaius Claudius Titianus Demostratus 161/162 Pomponius Naevianus entre o 165 e o 169 Veturius Paccianus antes do 168 Lucius Saevinius Proculus 173/174 Quintus Caecilius Rufinus entre o 160 e o 180 Quintus Servilius Pudens 164/165

Outras leturas

Jane Francis e Anna Kouremenos (eds.) 2016. Roman Crete: New Perspectives. Oxford: Oxbow

Anna Kouremenos 2018. "In the Heart of the Wine-Dark Sea: Cretan Insularity and Identity in the Roman Period". In A. Kouremenos (ed.) Insularity and Identity in the Roman Mediterranean. Oxford: Oxbow.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Provincias romanas