miniatura|Parágrafo inicial do tratado Sobre o destino (Pros tus Autokratoras) por Alexandre de Afrodisias. Dunha edición anónima publicada en 1658. Alexandre de Afrodisias (en grego antigo Ἀλέξανδρος ὁ Ἀφροδισιεύς) foi o máis soado dos comentaristas gregos das obras de Aristóteles. Foi alcumado, grazas á súa preeminencia, «o exéxeta» (ὁ ἐξηγητής). Foi oriúndo da cidade de Afrodisias, en Caria.

Traxectoria

Os seus comentarios serviron de fonte e modelo para autores gregos e bizantinos, e foron traducidos ao siriaco, árabe e latín. Atribúeselle a forma do «gran comentario», que será retomado polo peripatetismo árabe. «A exéxese de Alexandre de Afrodisias inspirábase no principio de que hai que explicar Aristóteles mediante Aristóteles. Alexandre buscaba o que Aristóteles dixo, non o que quixo dicir. Recorrendo a pasaxes paralelas da obra do Estaxirita ou doutras fontes, tentaba comprendelo. Cando non o conseguía, sinalaba as diferentes interpretacións posíbeis e propuña a que lle parecía máis conveniente; cando aquelas eran claras contentábase con emitir breves observacións»Marie-Dominique Richard, L'enseignement oral de Platon, pp. 91-92.

Vida Chegou a Atenas cara a finais do século II. Non hai máis datos sobre a datación da súa vida que a dedicación da súa obra De fato a Septimio Severo e a Caracalla, o que indica que foi escrita entre os anos 198 e 209. Chegou a dirixir o Liceo e a dar clases sobre filosofía peripatética.

Tivo como mestres a Herminio, a Sosíxenes o Peripatético e a Aristocles de Mesene.

Pensamento miniatura|Commentaria in Analytica priora Aristotelis, 1549 O obxectivo da súa obra foi liberar a doutrina do sincretismo de Amonio e reproducir a doutrina pura de Aristóteles. Sostivo que a razón sen desenvolver do home é material (nous ulikos) e inseparábel do corpo. Argumentou vehementemente contra a doutrina de inmortalidade. Identificou o intelecto activo (nus poietikos), grazas a cuxa acción o intelecto potencial do home convértese en real, con Deus.

Os seus comentarios ás obras de Aristóteles gozaron de enorme estima entre os árabes, quen traduciron moitos deles.

Durante o Renacemento a súa doutrina da mortalidade da alma foi adoptada por Pietro Pomponazzi, e polo seu sucesor Cesar Cremonini, (contra os tomistas e os averroístas).

Obras Consérvanse comentarios de Alexandre sobre as seguintes obras de Aristóteles:

Primeiros analíticos (ou Analytica Priora) I. Tópicos (ou Topica). Meteorolóxicos (ou Meteorologica). Sobre o sentido e o sensibel (ou De sensu et sensato). Metafísica I-V, xunto cunha recompilación do que escribiu sobre os demais libros.

Non se conservan os comentarios que escribiu a outras obras de Aristóteles: Physica, Analytica Priora II, Analytica Posteriora, De caelo, De generatione et corruptione, e outras. Coñécese que comentou estas obras por referencias doutros autores.

Consérvanse varios escritos orixinais (non comentarios) de Alexandre. Os máis importantes son De fato (‘sobre o destino’), onde argumenta contra a doutrina estoica da necesidade, e De anima (‘sobre a alma’).

Non hai entre os especialistas unanimidade en canto á cronoloxía das obras de Alexandre.

En 2007 atribuíronse a Alexandre pasaxes achadas nunha copia do século XIII dun misal, o Palimpsesto de Arquímedes, escrita por un escriba chamado Ioannes Myronas.

Edicións Varias das obras de Alexandre foron publicadas na edición de Aldo Manucio de Aristóteles (Venecia, 1495-1498). Os seus De fato e De anima foron impresas xunto ás obras de Temistio en Venecia (1534). Esta obra, que fora traducida ao latín por Grocio, foi editada por J. K. von Orelli (Zúric, 1824), e os seus comentarios sobre a Metafísica por H. Bonitz (Berlín, 1847).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía  Varios autores (1910-1911). «Alexander of Aphrodisias». En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica. A Dictionary of Arts, Sciences, Literature, and Xeneral information (en inglés) (11ª edición). Encyclopædia Britannica, Inc.; actualmente en dominio público. 

Ligazóns externas Alexandre de Afrodisias: Acerca do destino (Περι ειμαρμενεσ). Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Texto grego no mesmo sitio.

Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados no século II Categoría:Finados no século III Categoría:Personalidades de Afrodisias (Caria) na Antigüidade