Jorge Eliécer Gaitán Ayala, nado en Bogotá o 23 de xaneiro de 1898 e finado ibídem o 9 de abril de 1948, foi un xurista, escritor e político colombiano. Foi reitor da Universidade Libre (Colombia) entre 1936 e 1939, da cal, ademais, foi catedrático de Dereito Penal dende 1931 até a súa morte. Foi alcalde de Bogotá no ano 1936, titular en dous ministerios (Educación en 1940 e Traballo en 1944) e congresista durante varios períodos entre 1929 e 1948. Tamén foi candidato presidencial disidente do Partido Liberal nas eleccións de 1946 e o seu posterior xefe único, ademais que ía ser o candidato oficial do partido para as presidenciais de 1950 (que finalmente se desenvolveron en 1949 debido ó seu asasinato).Afiche oficial de campaña

Traxectoria Gaitán forxouse unha reputación como orador e defensor das causas populares, que consolidou grazas ás súas intervencións no debate sobre o masacre das Bananeras de 1928. O seu asasinato produciu enormes protestas populares inicialmente en Bogotá e logo a nivel nacional coñecidas como o "Bogotazo", e o inicio dun período sanguento na historia do país coñecido como "A Violencia".

As hipóteses sobre o crime de Gaitán mutaron co pasar dos anos; dende a teoría do asasino solitario ata que foi produto dunha conspiración internacional para evitar a chegada do socialismo, que naquel entón era igual que dicir comunismo, ó poder en Colombia. O 9 de abril do 2018, 70 anos despois do magnicidio de Gaitán, a Comisión da Verdade de Colombia (comisión creada no marco dos Acordos da Habana para a desmobilización da guerrilla das FARC) anunciou que solicitará á Fiscalía Xeral da Nación declarar este crime como delito de lesa humanidade, para así reabrir a investigación sobre as verdadeiras causas que motivaron o asasinato.http://www.elpais.com.co/colombia/pediran-a-la-fiscalia-que-crimen-de-gaitan-sea-de-lesa-humanidad.html

Notas

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Oradores Categoría:Alcaldes de Bogotá