Mira Rai (en ) nada en Sanu Duma o 31 de decembro de 1988, é unha deportista nepalesa.

Traxectoria Só os seus irmáns homes puideron estudar e ela non tivo acceso a unha educación formal. Ós 11 anos transportaba sacos de arroz de 28 quilos a tres horas da súa vila para poder revendelos. Ós 14 anos decidiu unirse á guerrilla maoísta durante 7 meses, un grupo de ideoloxía comunista. Pero cando a guerra terminou en 2006, inscribiuse no programa de rehabilitación do goberno e seguiu correndo por diversión. Non contaba con comida, equipamento ou cartos e na súa primeira carreira esborrallouse. Despois mudouse a Katmandú e co adestramento dun profesor de karate, puido seguir adestrando. Correu na montaña até 80 quilómetros e foi patrocinada por Red Bull, quen tras gañar enviouna a competir en Europa. É auspiciada pola marca Salomon, Red Bull, entre outras. Entre os seus logros a carreira de 80 quilómetros Mont Blanc na que ten unha marca.

Converteuse na atleta máis destacada do Nepal, actualmente está especializada en maratóns, ultramaratóns e correr pola montaña. Filmouse un documental sobre os seus logros.

Notas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Deportistas do Nepal