Itzy (; estilizado como ITZY), é un girl group surcoreano formado por JYP Entertainment en 2019. O grupo debutou o 11 de febreiro de 2019 co lanzamento do sinxelo en CD, It'z Different.

Historia

Predebut A información acerca do novo grupos de mozas de JYP Entertainment revelouse en 2017. En 2018, rumoreouse que as aprendices, Jeon So-mi e Shin Ryu-jin serían parte do novo grupo. Somi, en 2015, participou no programa Sixteen (onde se formou a Twice), en 2016 en Produce 101, onde gañou o primeiro lugar e logo formou parte de I.O.I. Con todo, Somi abandonou a empresa o 20 de agosto de 2018. O mesmo día, JYP Entertainment confirmou oficialmente que Ryujin sería membro do novo grupo. Ryujin fíxose famosa pola súa aparición en BTS Universe de BTS en 2017. Máis tarde, ela participou no programa Mixnine, onde gañou o primeiro lugar entre as mozas. Chaeryeong e a súa irmá máis vella Chaeyeon tamén participaron en Sixteen. Non chegaron a debutar no grupo, Chaeyeon abandonou JYP en 2017, e logo debutou como membro de Iz One, mentres que Chaeryeong seguiu co seu adestramento en JYP. Lia foi unha aprendiz de SM Entertainment, pero despois de abandonar a axencia tentou volver, sendo expulsada definitivamente. Yuna, a menor do grupo, fixo unha aparición en Stray Kids.

2019: Debut con It'z Different O 1 de xaneiro de 2019, JYP publicou en YouTube un prólogo presentando ás integrantes. Unha semana antes, confirmouse que o videoclip da súa canción debut xa estaba filmado. Ademais das fotos grupais e individuais, publicáronse teasers do vídeo musical. O 11 de febreiro, á medianoite, hora de Corea, lanzouse o vídeo de «Dalla Dalla (달라 달라)». Durante o primeiro día, obtivo máis de 13.9 millóns de visitas, e a cantidade de «gústame» superou os 880 401 mil, o que foi unha marca entre os videoclips debut en Corea de todos os tempos. O sinxelo en CD, It'z Different, lanzouse o 12 de febreiro.

Membros +Nome artísticoNome de nacementoData de nacementoLugar de nacementoPosiciónRomanizaciónHangulRomanizaciónHangulYeji예지Hwang Ye-ji황예지26 de maio do 2000 Jeonju, Corea do Surlíder, bailarina, vocalista, rapeiraLia리아Choi Ji-soo최지수21 de xullo do 2000 Yeonsu, Incheon, Corea do SurVocalista, rapeiraRyujin류진Shin Ryu-jin신류진17 de abril do 2001 Gangnam, Seúl, Corea do SurRapeira, bailarina, vocalistaChaeryeong채령Le Chae-ryeong이채령5 de xuño do 2001 Yongin, Provincia de Gyeonggi, Corea do SurBailarina, vocalista, rapeiraYuna유나Shin Yu-na신유나9 de decembro do 2003 Suwon, Provincia de Gyeonggi, Corea do SurBailarina, rapeira, vocalista

Discografía

Sinxelo en CD Título Detalles It'z Different Lanzamento: 12 de febreiro de 2019 Discográfica: JYP Entertainment Formatos: Descarga dixital, streaming

Sinxelo TítuloAnoMellor posiciónÁlbumCORCORHotUS World«Dalla Dalla» (달라달라)2019———It'z Different«–» indica que o sinxelo non se situou na lista ou non se publicou nese territorio.

Notas

Categoría:Grupos musicais formados en 2019 Categoría:Grupos musicais de Corea do Sur