Naked Giants é unha banda estadounidense de rock fundada no ano 2014 en Seattle, Washington. O grupo está composto polo vocalista e guitarista Grant Mullen, o baixista e vocalista Gianni Aiello e o batería Henry LaVallee. Despois de publicar o seu EP lo-fi R.I.P. en 2016 asinaron un contrato co selo New West Records. A banda editou o seu álbum de estrea, SLUFF, o día 30 de marzo de 2018 con críticas positivas. Naked Giants xirou continuamente en 2018 e 2019 coa banda de indie rock Car Seat Headrest. O grupo editou o seu segundo álbum, The Shadow, o 21 de agosto de 2020.

Discografía ÁlbumAnoSeloSLUFF2018New West RecordsThe Shadow2020New West Records Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Seattle, Washington Categoría:Grupos musicais de rock and roll Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais formados en 2014