alt=Visión simplificada dos puntos de Lagranxe|miniatura|Visión simplificada dos puntos de Lagrange. A misión Lagrange é unha misión da Axencia Espacial Europea para levar dous satélites de observación solar, un deles ó punto de Lagrange L1 e outro ó L5. Descrición Para asegurar unha capacidade efectiva de seguir eventos solares potencialmente perigosos (como tormentas xeomagnéticas, cunha probabilidade de 1,9% en 10 anosBoletín RSEF. Número 89. Marzo 2019, p.5), a ESA iniciou un estudo sobre dous futuros satélites meteorolóxicos espaciais. O 2 de febreiro de 2018, a ESA asinou contratos tecnolóxicos (Fase A) liderados por Airbus UK e OHB SE de Alemaña para deseñar as especificacións da nave espacial e o proceso de integración dos instrumentos. O Laboratorio Rutherford Appleton do Reino Unido e Mullard Space Science Laboratrix son os encargados de avaliar os requisitos da carga útil científica.

A misión propón o posicionamento de dúas naves espaciais en órbita nos puntos Lagranxianos L1 e L5, onde as forzas gravitacionais interactúan para crear unha situación estable para aforrar propelentes e para facer observacións. A L1 está entre Sol e Terra, polo tanto, as medicións na L1 proporcionan información sobre o clima espacial que chega cara á Terra. En contraste, o punto L5 proporciona un xeito de controlar as expulsións de masa coronal (CME) desde o "lado" para estimar a súa velocidade e dirección.

Obxectivos O obxectivo xeral para situar o satélite nese punto é ter unha plataforma de aviso temperá da temperie espacial, en particular, para poder avisar de xeito eficaz cando unha tormenta solar pode impactar cara á Terra, permitindo así a protección das infraestruturas críticas. O sol emite un fluxo continuo de partículas atómicas cargadas electricamente, mais tamén de xeito periódico lanza miles de millóns de toneladas de material a través de campos magnéticos en "expulsións de masa coronal" a grande escala, o que pode distorsionar o campo magnético terrestre e causar graves danos tanto a estruturas no espazo como na Terra. A ESA ten estimado que un único impacto grave podería causar, só en Europa, un dano estimado en 15 000 millóns de euros. De aí o pensar en situar unha nave observación nun lugar que permita ver a evolución da superficie solar xusto antes de que esa superficie cadre en dirección á Terra, o punto L5, é dicir, seguindo á Terra na súa órbita cun desfase angular de 60º

Paricularizando, os obxectivos son:

a nave en L1 is observará o vento solar, nas magnitudes rapidez, densidade, temperatura, medio de partículas cargadas e dirección e intensidade do campo magnético interplanetario. asemade, a nave en L1 fará un seguimento do disco solar e a coroa solar, e medirá a enerxía das partículas solares asociadas ós estalidos solares e o comezo das emisións de masa da coroa. a nave en L5 completará as medicións cunha vista lateral da propagación das nubes de plasma emitidas polo sol cara á Terra. asemade, a nave en L5 poderá seguir a evolución do disco e coroa solares e levar a cabo medidas no medio interplanetario

miniatura|Erupción solar (7/06/2011, recollida por SDO no ultravioleta extremo)

A misión forma parte do servizo da rede de temperie espacial da ESA (Space Weather Service Network).

Carga As naves deberán transportar diferentes tipos de instrumentos de teledetección (ópticos, para a observación distante, e in situ, para a observación do propio contorno da nave), que aproveitan a experiencia das misións SOHO, STEREO e Solar Orbiter.

Instrumentos ópticos

Coronógrafo - para o inicio e caracterización das emisións de masa coronal (CME). Captador de imaxe heliosférica: sistema de imaxe de luz visible de gran angular para a detección de eventos de expulsión de masa coronal dirixidos á Terra. Magnetógrafo: exploraría un espectro solar seleccionado para xerar mapas 3D do campo magnético. Captador de imaxe EUV - ter unha imaxe da complexa coroa solar (a atmosfera do Sol) apoia o control da complexidade magnética e da actividade na coroa e a localización das rexións activas. Monitor de fluxo de raios X - para a detección de estalidos solares e cuantificación da súa enerxía.

Instrumentos in situ

Magnetómetro - para a edición do campo magnético interplanetario. Analizador de plasma- para medir os compoñentes de velocidade angular do vento solar que se achega á Terra e as estimacións da intensidade da tormenta xeomagnética. Monitor de radiación: a supervisión das tormentas radioactivas (evento de partículas solares) é crucial, xa que poden interromper e danar as naves espaciais, aeronaves e sistemas terrestres. Espectrómetro de partículas de enerxía media: pode monitorear nubes de ións de media a baixa enerxía que se achegan á Terra.

Notas

Categoría:Satélites artificiais Categoría:Sol Categoría:Axencia Espacial Europea