Chelsea Girls é un filme experimental dirixido por Andy Warhol e Paul Morrisey en 1966. Foi o primeiro éxito comercial importante de Warhol despois realizar varios filmes de vangarda (tanto de curtas como de longametraxes). Foi rodada no Hotel Chelsea e outras localizacións de Nova York, e conta a vida de varias das mozas que vivían alí. Presentase nunha pantalla dividida, acompañada por bandas sonoras alternas en cada escena e unha alternancia entre branco e negro e cor. O filme orixinal ten pouco máis de tres horas de duración.
O cartel foi deseñado para a súa estrea en Londres polo artista gráfico Alan Aldridge. Warhol estaba completamente satisfeito co deseño e comentou que «desexaba que o filme fose tan bo coma o cartel».
Elenco A maioría dos intérpretes do filme represéntanse a si mesmos:
Brigid Berlin Nico Ondine Ingrid Superstar Randy Bourscheidt Angelina 'Pepper' Davis Christian Aaron Boulogne Mary Woronov Rona Page Rene Ricard Dorothy Dean Patrick Fleming Eric Emerson Donald Lyons Gerard Malanga Marie Menken Arthur Loeb Mario Montez
Recepción da crítica Malia que o filme foi o que máis éxito tivo dos dirixidos por Andy Warhol, as críticas foton mixtas.
Roger Ebert escribiu sobre o filme en xuño de 1967, e tivo unha resposta negativa da mesma, outorgándolle unha estrela de catro. Na súa revisión declarou «...lo que temos aquí son 3 horas e media de improvisación nunha pantalla partida mal fotografada, apenas editada, empregando perversión e sensación como a salsa de chile disfraza o recendo da comida. Warhol non ten nada que dicir e ningunha técnica para dicilo. Simplemente quere facer filmes, e faino: horas e horas de eles».
Kenneth Baker, da San Francisco Chronicle examinou o filme por mor da súa proxección na área da Baía de San Francisco en 2002, e deulle unha revisión positiva, comentando «a tiranía da cámara é a opresión aos rexistros de Chelsea Girls que impón. Non é unha sorpresa que aínda pareza radical, malia todo o que temos visto na pantalla e fora dende 1966».
Notas
Véxase tamén Outros artigos Andy Warhol Telerrealidade
Ligazóns externas Chelsea Girls en IMDb Chelsea Girls en FilmAffinity
Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Nova York