Francisca Alcoceba Isusi, nada en Güeñes en 1948, coñecida como Paquita Alcoceba, é unha coñecida política e activista vasca.

Traxectoria política Paquita Alcoceba naceu en Güeñes en 1948, sendo a maior de catro irmáns. O seu irmán é Arturo Alcoceba, coñecido xornalista e activista vasco e está casada con Luís Laiseka, político e ex concelleiro de Güeñes.

Empezou a súa traxectoria política desde moza, no ámbito municipal e nacional. Foi candidata do partido político Herri Batasuna en Güeñes, nas eleccións municipais de España do 3 de abril de 1979 e foi candidata a eleccións municipais tamén noutras ocasións (Euskal Herritarrok, Acción Nacionalista Vasca...).

É membro activo de Gure Esku Dago desde a súa creación e é unha das representantes de Gure Esku Dago de Biscaia. Tamén é unha das fundadoras de Gure Esku Dago en Güeñes e, dende 2017, é a súa vogal e tesoureira.

Notas

Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Güeñes