Adolfo Martí Fuentes, nado en Ferrol o 12 de xuño de 1922 e finado na Habana o 10 de xuño de 2002, foi un poeta galego en lingua castelá. Traxectoria

Fillo de Juan Martí Castro, ferrolán emigrado a Cuba e a cubana Adolfina Fuentes Domínguez. O seu pai era fillo de Juan Martí Domenech, comandante de Infantaría de Mariña e emigrou a Cuba con catorce anos. Adolfo naceu en Ferrol cando o pai levou a nai a Ferrol a coñecer a familia. Cando tiña un ano regresou a Cuba coa súa nai. Estudou o bacharelato e despois dous anos de dereito na Universidade. Co triunfo da Revolución, foi designado polo Ministerio de Relaciones Exteriores para cumprir servizo no estranxeiro, foi cónsul de Colón (Panamá) e despois en Guayaquil (Ecuador). Máis tarde foi secretario da embaixada en Praga e funcionario na embaixada de Río de Janeiro, ata o golpe de Estado de Goular.

Despois da carreira diplomática, estudou a licenciatura en Lingua e Literatura Hispánicas e foi profesor na Escola de Letras da Universidade da Habana. Foi director nacional de Literatura do antigo Consello Nacional de Cultura e rematou a vida laboral como redactor xefe das Ediciones Unión, na UNEAC.

Aos catorce anos comezou a escribir. É autor de trece libros de poemas e un de ensaio.

Obras Poesía Alrededor del punto, 1971. Contrapuntos, 1980. Puntos cardinales, 1980. Por el ancho camino, 1981. La hora en punto, 1983. Libro de Gabriela, 1985. El árbol del retorno, 1993. Antoloxía poética dun ferrolano en Cuba, 2005.

Ensaio Puntos de vista, 1988. Véxase tamén Bibliografía Ferrolanos. Adolfo Martí Fuentes. Nacido en Ferrol, un poeta cubano polifacético Adolfo Martí Fuentes

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Cuba Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes