Manas (tamén coñecido como Jalal-Abad ou Jalalabat; en kirguiz: Жалалабат, جالال-ابات, Jalal-Abat, [dʒɑlɑlɑbɑt]) é a capital e centro económico da rexión de Jalal-Abad no sur do Kirguistán. A cidade ten unha área de 88 quilómetros cadrados e unha poboación de 97.172 habitantes en 2009. Está situada ao nordés do Val de Fergana, moi preto da fronteira con Uzbekistán.

Historia Unha das polas máis importantes da ruta da Seda no Kirguistán pasaba pola antiga Jalalabat e a rexión xogou un importante papel en albergar viaxeiros durante centos de anos.

No século XIX unha pequena fortaleza Kokand foi construída e unha pequena qishtaq foi construída nos arredores desta. A xente local adícabase á agricultura, o comercio e a proporcionar servizos aos peregrinos que visitaban o spá de Azreti-Ayup-Paygambar que se dicía que as súas augas curaban leprosos. Na década de 1870, migrantes rusos chegaron á rexión e converteron a cidade nunha cidade de guardición e construíron un hospital militar.

Cambio do nome O 10 de setembro de 2025, o Jogorku Kenesh refrendou a Lei da República Kirguisa, asinada polo presidente Sadyr Japarov e que producía o troco do nome da antiga Jalal-Abad en Manas, para homenaxear ao heroe kirguís do mesmo nome. En cambio o nome da rexión de Jalal-Abad, permanecía como tal.

Xeografía Clima Manas ten un clima continental caloroso de verán seco acorde coa Clasificación climática de Köppen. Hai máis chuvia no inverno que no verán. A temperatura media é de 12,3 °C.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades de Kirguizistán