dereita|miniatura|Opositores ó réxime acampados enfronte da Praza da Perla días antes de que fose demolida.

Praza da Perla ( , Dawār al-luʾluʾ) é o nome popular polo que se coñece a Praza do Consello de Cooperación do Golfo, unha praza preto do distrito financeiro de Manama, en Bahrain.

A praza atópase no centro da capital, Manama, e ten ós seus arredores o Mercado Central de Bahrain, Mariña, ademais dun complexo de apartamentos de luxo construídos despois coñecidos como Abraj Al-Lulu (Torres da Perla). Tamén preto da praza atópase o Bahrain World Trade Center ou o distrito financeiro e portuario de Bahrain.

Historia miniatura|esquerda|Manifestantes na praza da Perla en marzo de 2011, pouco antes da súa demolición. O característico monumento da Perla na praza, previamente estaba rodeado por un círculo, foi erixido en 1982 na honra á primeira reunión no país do Consello de Cooperación do Golfo.

Durante as protestas en Bahrain de 2011, dentro das revolucións e protestas no mundo islámico de 2010-2011, a praza foi un símbolo a miúdo comparado á Praza Tahrir do Cairo. O 16 de marzo o goberno interveu xunto con efectivos internacionais do mesmo Consello de Cooperación do Golfo ó que estaba dedicado o monumento, desaloxando a praza e días despois, durante a mañá do 18 de marzo, as autoridades derrubaron o monumento.

Despois da súa polémica destrución e segundo as autoridades locais, a praza será substituída por semáforos para solucionar a conxestión do tráfico de automóbiles no distrito financeiro da cidade.http://www.alwasatnews.com/3116/news/read/532856/1.html

Notas

Categoría:Bahrain