Sarcophilus é un xénero de marsupiais carnívoros dasiúridos do que existe unha única especie actual, o diaño de Tasmania e outras extinguidas coñecidas por fósiles.
Hai catro especies de Sarcophilus. S. laniarius e S. moornaensis coñécense por fósiles que datan do Plistoceno. S. laniarius era máis grande que a especie supervivente actual S. harrisii (diaño de Tasmania), e pesaba ata 10 kg máis ca el. As relacións entre as catro especies non están claras; aínda que algúns autores propuxeron que S. harrisii pode ser unha versión da illa de Tasmania con ananismo insular do S. laniarius da Australia continental,Owen, David; Pemberton, David (2005). Tasmanian Devil: A unique and threatened animal. Crows Nest, New South Wales: Allen & Unwin. Páxina 36. ISBN 978-1-74114-368-3. Arquivado do orixinal o 14 de setembo de 2011. outros argumentan que é unha especie completamente dierente e que os dous puideron coexistir durante o Plistoceno. Outra especie extinta é S. prior.
O nome do xénero derivouse do grego e significa 'amante da carne', por ser un voraz carnívoro.
Notas
Long, J., Archer, M., Flannery, T. e Hand, S. 2002. Prehistoric Mammals of Australia and New Guinea: One Hundred Million Years of Evolution. Johns Hopkins University Press. pp 55. .
Categoría:Marsupiais