Ilomantsi (en ; en ) é un municipio de Finlandia situado na rexión de Carelia do Norte. A 30 de xuño de 2025, tiña unha poboación de 4.327 habitantes. A superficie do termo municipal é de 3 172,69 km2, dos cales 409,21 km2 son auga. O concello ten unha densidade de poboación de 1,57 hab./km². A zona máis oriental de Finlandia e da rexión continental da Unión Europea (UE) está situada en Ilomantsi, preto da vila de Hattuvaara (na UE, só Chipre está máis cara ao leste).
Limita cos concellos de Joensuu e Lieksa, ambos na súa mesma rexión. O leste do concello fai fronteira con Rusia.
Cultura Lingua O municipio é monolingüe en finés. Porén, empréganse tamén termos locais procedentes do carelio ou do ruso. Por exemplo, a vila central non é chamada kirkonkylä, como é habitual en finlandés, senón pogosta (do ). Así, o xornal local é o Pogostan Sanomat (en ).
Relixión Ilomantsi conta unha minoría ortodoxa que constitúe o 17.4% da poboación, a meirande porcentaxe de todos os municipios fineses. A igrexa ortodoxa de Ilomantsi, construída en madeira, é a máis grande do país; está dedicada ao profeta Elías. Na localidade hai tamén cinco capelas (tsasouna). A comunidade ortodoxa de Ilomantsi ten máis de cincocentos anos de historia e uns 1.100 membros.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web de Ilomantsi
Categoría:Municipios de Carelia do Norte