250px|miniatura|O edificio Apot, de estilo moderno, que é a arquitectura típica da zona. O Campo de las Naciones é un espazo situado no barrio de Corralejos do distrito de Barajas, en Madrid. Está dedicado á localización de diversas empresas, ademais do Palacio Municipal de Congresos, as instalacións do Ifema (Feira de Madrid) e o Parque Juan Carlos I.

Historia e características Nos anos 80 do século XX decídese adaptar esta área para o turismo, os negocios e os congresos. En 1988 crearase unha empresa pública municipal chamada Campo de las Naciones para as infraestruturas de congresos e outros eventos que se celebrasen en edificios (sobre todo desa zona) adscritos a este ente. En 1991 inaugurarase na zona as novas instalacións feirais do Ifema. No ano 2006 a empresa Campo de las Naciones xestionaba xa o Palacio Municipal de Congresos, o Madrid Arena, o auditorio do Parque Juan Carlos I, o edificio Apot e os pavillóns do Recinto Feiral da Casa de Campo. Ese mesmo ano a empresa pública cambiará o seu nome por Madrid Espacios y Congresos S.A., que á súa vez adoptará o nome comercial de Madridec. Posteriormente, Madridec pasou tamén a xestionar un pavillón deportivo chamado a Caja Mágica, que acolleu eventos a partir de 2009. Madridec crebou en 2013 e o Concello fíxose cargo das súas débedas e dos seus activos.

Notas

Categoría:Madrid