Kevin DeVon Knox II, nado o 11 de agosto de 1999 en Phoenix, Arizona, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 2,01 metros de estatura xoga na posición de ala.

Traxectoria profesional Knox foi elixido na 9ª posición do Draft da NBA de 2018 polos New York Knicks. O 5 de xullo de 2018, asinou o seu contrato de rookie cos Knicks.

O 13 de xaneiro de 2022, Knox foi traspasado xunto a unha elección protexida da primeira rolda do Draft ós Atlanta Hawks, a cambio de Cam Reddish, Solomon Hill e unha elección da segunda rolda do Draft de 2025.

O 1 de agosto de 2022, Knox asinou cos Detroit Pistons.

O 9 de febreiro de 2023, os Pistons traspasaron a Knox ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron os Atlanta Hawks e os Golden State Warriors.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Phoenix Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers