O ácido heptacosanoico, tamén chamado ácido heptacosílico ou ácido carbocérico, é un ácido graxo saturado de cadea lineal con 27 átomos de carbono, coa fórmula molecular , que se simboliza como C27:0.
O ácido heptacosanoico a temperatura ambiente é un sólido que funde a 87,6 °C e ten un índice de refracción de 1,4324 a 70 °C.LipidBank - Fatty acid(DFA0027) . [Consultado: 19 de outubro de 2018]. Foi illado da turba en 1932,Gieseking, J. E.. Soil Components: Volume 1: Organic Components. Springer Science & Business Media, 2012-12-06. ISBN 9783642659157. e tamén en 1933 da cera montana de Bohemia obtida do lignito e a turba.Stadler, A. Mitt. KohlenforschInst. Prag, 5, 1933, páx. 445.
Atopouse no sangue e tecidos de pacientes de diferentes trastornos peroxisómicos de orixe xenética, como a enfermidade de Refsum, a adrenoleucodistrofia X, a adrenoleucodistrofia neonatal ou a síndrome de Zellweger.Human Metabolome Database: Showing metabocard for Heptacosanoic acid (HMDB0002063). [Consultado: 19 de outubro de 2018].
Notas
Categoría:Ácidos graxos