Cró! é unha banda de rock instrumental de Vigo formada no ano 2007. Está composta por Cibrán Rey (batería e coros), David Santos (baixo e coros), Rubén Abad (guitarra e voz) e Xabier Núñez (teclados e voz), acompañados por Borja Bernárdez que aporta visuais en tempo real aos seus concertos. Forman parte do colectivo musical La Metamovida, que aúna grupos das cidades de Pontevedra e Vigo.
Historia Cró! formouse no ano 2007. Os seus membros xa se coñecían anteriormente de tocar xuntos. David Santos e Rubén Abad tocaran en Tá e Es un árbol, e cos demais coincidiran tocando no instituto ou nalgún bar. Nese ano coincidiron todos nunha jam e decidiron formar a banda. Comezaron a ensaiar xuntos e en seis meses lanzaron a súa primeira maqueta.
No ano 2009 a banda autoeditou o seu álbum de estrea, Cró!, e comezou unha xira promocional por España, Francia e Portugal. Cro! xa coñecía a Why Go e Buogh! e nese tempo coñeceron a Unicornibot, nacendo o colectivo La Metamovida.
En abril de 2011 Cró! publicou Dime que quedó grabado!, un álbum con improvisacións gravados nos seus ensaios entre 2007 e 2011. O 2 de xullo de 2012 apareceu o seu segundo álbum de estudio, ONKALO, financiado a través do micromecenado e publicado por Metamovida. Na súa xira de promoción tocarían en Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Francia e Portugal.
No ano 2013 o grupo foi o gañador na categoría pop-rock do XXV concurso Villa de Bilbao. Cos cartos do premio Cró! financiou a gravación do seu seguinte traballo. PERA foi gravado en xaneiro de 2014 no estudio Brazil de Madrid e foi editado o 28 de marzo dese ano a través do selo Metamovida.
Entre o 2014 e o 2015 Cró! realizou unha xira internacional para promover PERA. No ano 2014 tamén foron os gañadores do premio ao mellor grupo de rock da Asociación Músicos ao Vivo.
O 2 de decembro de 2016 a banda publicou o seu cuarto álbum de estudio, Mounstros, coeditado polos selos Metamovida, Nooirax e La Choza de Doe. Ao igual que o seu anterior traballo, Mounstros gravouse no estudio Brazil.
Discografía Álbum Ano Selo Notas Cró! 2009 autoeditado Dime que quedó grabado! 2011 autoeditado improvisacións ONKALO 2012 Metamovida PERA 2014 Metamovida Mounstros 2016 Metamovida/Nooirax/La Choza de Doe
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de rock instrumental Categoría:Grupos musicais formados en 2007