Lucio Xunio Moderado (en latín, Lucius Junius Moderatus), máis coñecido como Columela, nado en Gades, Bética o 4 d. C. e finado en Tarento ca. 70 d. C., foi un escritor agronómico romano.

Traxectoria Nado na Bética, do mesmo xeito que Séneca, do que foi amigo, estivo un tempo no exército romano e foi tribuno en Siria o ano 35 d. C. Despois trasladouse á Península Itálica, onde puxo en práctica os seus coñecementos de agricultura nas súas propiedades de Ardea, Carseoli e Alba.

Da súa obra escrita chegounos De re rustica (Os traballos do campo), escrito cara ao ano 42,e De arboribus (Libro das árbores).Tratado de viticultura general, por Luis Hidalgo Na primeira destas obras, dividida en doce libros, e inspirándose en obras anteriores de Catón o Vello, Varrón e outros autores latinos, gregos e mesmo cartaxineses, trata sobre todos os traballos do campo no máis amplo sentido da palabra: desde a práctica da agricultura, a gandaría e a apicultura, até a cura de animais, pasando pola elaboración de distintos produtos e conservas.Columela: Res rustica (Los trabajos del campo).

En De arboribus trata sobre cultivos arbustivos como a vide, até árbores como a oliveira ou os froiteiros, e mesmo flores como a violeta ou a rosa. A obra de Columela é considerada o repertorio máis amplo e documentado sobre agricultura romana.

O catedrático da Universidade Politécnica de Madrid, Luís Alfonso Gil Sánchez, opina que a familia Columela foi a responsable da introdución dos olmos ‘romanos’ na Península Ibérica.

En 1794, os botánicos José Antonio Pavón y Jiménez e Hipólito Ruiz López puxeron o nome de Columellia na súa honra a un xénero peruano de astéridas.

En 1824, Juan María Álvarez de Sotomayor Rubio publicou De re rustica en castelán integramente e por primeira vez: Os doce libros de agricultura que escribiu en latín Lucio Xunio Moderato Columela (Madrid, Miguel de Burgos, 1824, 2 vols.). O primeiro comprende os sete primeiros libros, e o segundo os outros cinco. Hai tres edicións facsimilares modernas: Santander, Sociedade Nestlé - A.E.P.A, 1979; Extramuros Edición, S.L., 2009; Valladolid: Maxtor Editorial, 2013.

Obras miniatura|De re rustica, 1564

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas De re rustica en castellano. De re rustica en Somni

Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Finados en 70 Categoría:Nados na provincia de Cádiz Categoría:Gens Xunia