Isidoro Hornillos Baz, nado en Castronuño (Valladolid) o 27 de abril de 1957, é un exatleta olímpico españolComité Olímpico Español . que practicou probas de velocidade, en especial os 400 metros lisos, distancia na que obtivo os seus maiores éxitos deportivos.
Durante o período de 1975 a 1986 formou parte da selección de atletismo de España, conseguindo diversos títulos de campión de España e varias plusmarcas nacionais absolutas. Hornillos competiu nas probas dos 400 metros lisos e dos 4x400 nos Xogos Olímpicos de 1980, en Moscova, quedando en 6º lugar en ambas as competicións.Evans, Hilary; Gjerde, Arild; Heijmans, Jeroen & Mallon, Bill (1980): Isidoro Hornillos Olympic Results . En Olympics at Sports-Reference.com. Consultado o 4 de setembro de 2018.
Desde 1990 é profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.Hornilos Baz, Isidoro . Entre 2006 e 2022, foi o presidente da Federación Galega de Atletismo.Isidoro Hornillos será candidato a la Federación Española de Atletismo. La Voz de Galicia, 12-05-2015. Consultada o 6 de setembro de 2018.
Desde 2022, compaxina a docencia e a xestión deportiva coa súa faceta de escritor ocasional.Galegos: Galicia Dixital.
Traxectoria deportiva
Primeiros anos Cando tiña sete anos, a súa familia trasladouse por motivos laborais a vivir ao concello coruñés de Sada. Durante esa etapa Hornillos non tivo ningunha vinculación co deporte.
Aos 13 anos practicaba o voleibol no Colexio Liceo La Paz da Coruña. Tres anos máis tarde, sendo xa alumno da Universidade Laboral "Crucero Baleares" de Culleredo, compaxinou o balonmán co atletismo. Neste centro, existía daquela unha gran tradición e compromiso cos programas do Deporte Escolar, baixo a dirección e impulso do profesor de Educación Física Teodosio del Castillo Muñoz,Teodosio del Castillo Muñoz . e do tamén docente Julio Sacristán de Diego.
Primeiras competicións Horrnillos coincidiu na Universidade Laboral con Saturnino Rodríguez Risco, que chegou a proclamarse campión de España absoluto de salto de lonxitude en pista cuberta cunha marca de 7,57 m.Hemeroteca ABC.
Neste ambiente atlético propicio Isidoro Hornillos disputou a súa primeira competición no ano 1974 nunha Fase Local Escolar nas pistas do Colexio "Santa María del Mar" dos xesuítas da Coruña, na distancia do hectómetro, na que conseguiu a primeira posición. Semanas máis tarde, proclamouse campión provincial da Coruña, e meses despois campión de Galicia Escolar de 100 metros lisos, 200 e 4x100.
En 1975 obtivo o título de campión de España escolar en 100 m e en 4x100 m, así como o de subcampión nos 200 m, nun evento celebrado no histórico Estadio de Vallehermoso, en Madrid. Ese mesmo ano, a Real Federación Española de Atletismo, a través do prestixioso adestrador Julio Bravo Ducal,Julio Bravo DEP . ofreceulle unha bolsa de estudos do Consello Superior de Deportes para proseguir a súa carreira deportiva e académica na Residencia "Joaquín Blume" de Madrid, residencia para deportistas adscrita ao Centro de Alto Rendemento da capital, do Consello Superior de Deportes do Ministerio de Cultura e Deporte de España. Alí desenvolveu a parte máis importante da súa etapa de atleta. Desde 1982 até 1986 integrouse no grupo dirixido polo excepcional adestrador Paco López, con quen consegue as súas mellores marcas en 100 e 200 m lisos, actuais plusmarcas galegas absolutas.
Durante toda a súa vida deportiva, tras os seus dous primeiros anos no equipo da Universidade Laboral Crucero Baleares de Culleredo, estivo fichado no Real Club Deportivo da Coruña, desde 1975 até 1988, ano en que Augusto César Lendoiro accedeu á presidencia do club e a súa Xunta Directiva decidiu eliminar a sección de atletismo. Nesta entidade coincidiu cos tamén atletas olímpicos José Casabona e co leonés Colomán Trabado. Con este club proclamouse 22 veces campión de Galicia Absoluto en probas de velocidade entre 1979 e 1988.Campeones de Galicia .
En xaneiro de 2015, seguía sendo plusmarquista de Galicia absoluto de 100 m (10" 55), 200 m (21" 12) e 400 m (46" 24) ao aire libre. e de 200 m (21" 76) e 300 m (34" 2) en pista cuberta.Records de Galicia de Pista Cubierta .
Palmarés deportivo Campión de España Escolar de 100 m. Madrid, 1975 Campión de España Escolar de 4x100 m. Madrid, 1975 Subcampión de España Escolar de 200 m. Madrid, 1975 Subampión de España Xuvenil de 200 m. Zaragoza, 1975 Campión de España Júnior de 400 m. Madrid, 1976 Campión de España nos Xogos Sindicais de 100 m. Madrid, 1976 Campión de España nos Xogos Sindicais de 200 m. Madrid, 1976 Campión de España nos Xogos Sindicais de 4x100 m. Madrid, 1976 Campión de España Militar de 4x400 m. Toledo, 1977 Subcampión de España Militar de 200 m. Toledo, 1977 Subcampión de España Absoluto de 400 m. Zaragoza, 1978 Campión de España Absoluto en pista cuberta de 400 m. Oviedo, 1979 Campión de España Absoluto ao aire libre de 400 m. Barcelona, 1979 Subcampión de España Universitario de 200 m. Madrid, 1979 Récord de España Absoluto de 400 m (46" 50). México, 1979 Récord de España Absoluto de 400 m (46" 24). México, 1979 Récord de España Absoluto de 4x400 m (3' 04" 22). México, 1979 Cuarto clasificado na Universiada de México 1979 en 4x400 m. Subcampión de España Absoluto de 400 m en pista cuberta. Oviedo, 1980 Subcampión de España Absoluto de 400 m. Madrid, 1980 Subcampión de España Absoluto de 400 m. Barcelona, 1981 Subcampión de España Absoluto de 200 m. Barcelona, 1981 Subcampión de España Absoluto de 4x400 m (Clubs). Zaragoza, 1981 Subcampión de Italia Absoluto de 400 m en pista cuberta. Xénova, 1981 Récord de España Absoluto de 4x200 m (1' 25" 3). Madrid, 1981 Campión de España Absoluto de 200 m en pista cuberta. Oviedo, 1982 Récord de España Absoluto de 200 m (21" 6). Oviedo, 1982 Récord de España Absoluto de 400 m (21" 5). San Sebastián, 1982 Campión de España Universitario de 200 m. Santiago de Compostela, 1982 Campión de España Universitario de 400 m. Santiago de Compostela, 1982 Campión de España Universitario de 4x400 m. Santiago de Compostela, 1982 Medalla de bronce no Campionto de España Absoluto de 400 m. 1982 Récord de España Absoluto de 300 m (34" 2). A Coruña, 1982 Medalla de bronce nos Xogos Iberoamericanos en 400 m. Barcelona, 1982 Subcampión de España Absoluto de 200 m en pista cuberta. Zaragoza, 1983 Subcampión de España Universitario de 100 m. Madrid, 1983 Medalla de bronce no Campionato de España Absoluto de 200 m. San Sebastián, 1983 Medalla de bronce no Campionato de España Universitario de 200 m. Madrid, 1983 Medalla de bronce nos Xogos do Mediterráneo en 4x400 m. Casablanca, 1983 Campión de España Univesitario de 100 m. Salamanca, 1986 Subcampión de España Universitario de 200 m. Salamanca, 1986 Récord de España Absoluto de 4x200 m (1' 23" 69). Madrid, 1986.Diario El Mundo Deportivo.
Traxectoria académica Tras concluír a súa carreira deportiva, en 1988, Isidoro Hornillos mantivo a súa vinculación ao deporte, e en especial co atletismo.
Formación Licenciado en Educación Física pola Universidade Politécnica de Madrid, 1986. Doutor en Educación Física pola Universidade da Coruña, 2000. Mestrado en Alto Rendemento Deportivo. Universidade Complutense e Comité Olímpico Español, 1991-1992. Posgrao en Fisioloxía do Esforzo, pola Universidade de Santiago de Compostela, 1988. Adestrador Nacional de Atletismo, pola Escola Nacional de Adestradores da Real Federación Española de Atletismo, 1987. Oficialía Industrial na rama de Electrónica, 1973_1975. Universidade Laboral "Crucero Baleares" de Culleredo. Mestría Industrial na rama de Electrónica, 1976-1977 no Instituto Técnico de Estudios Profesionales de Madrid.
Postos desempeñados Director do Servizo Municipal de Deportes de Culleredo, 1987. Profesor de Educación Física no Instituto de Cee, 1988; na Universidade Laboral de Culleredo, 1989, e no Instituto de Monte Alto da Coruña, 1990. Profesor do INEF de Galicia desde 1990, convertido en 1994 na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. Subdirector Académico do INEF Galicia (1990-1992). Preparador físico do Hockey Club Liceo da Coruña.Preparador físico del Hockey Liceo de A Coruña.
Materias impartidas Habilidades Atléticas e a súa Didáctica. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña.Páxina do INEF Galicia . Avances en adestramento de forza e resistencia. Materia optativa. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña. Prácticum. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña. Traballo de Fin de Grao (TFG). Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña. Cursos de Doutoramento. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña. Curso de Dirección, Planificación e Programación da Preparación Física en Nenos e Mozos. Sportis Formación Deportiva.Sportis Formación Deportiva . Exercicio físico e saúde. Universidade Sénior. Universidade da Coruña.
Traxectoria como dirixente deportivo En 1988, ao retirarse definitivamente da práctica atlética competitiva, Hornillos foi nomeado Director Técnico da Federación Coruñesa de Atletismo polo presidente provincial, Jorge Doncel Queijeiro. Ao ano seguinte Sergio Vázquez Gómez, daquela presidenta da Federación galega, ofrécelle o cargo de director técnico da Federación Galega de Atletismo, responsabilidade que desempeña até que, no ano 2006, accede á presidencia do ente autonómico.
Posteriormente, no ano 2007, foi un dos impulsores da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA)Isidoro Hornillos Baz en Linkedin.Currículum de Isidoro Hornillos Baz PDF. asumindo nos seus inicios o cargo de secretario e logo (desde 2015) de presidente.
En 2022, despois de 16 anos, deixou a presidencia da Federación Galega de Atletismo, posto onde foi substituído por Iván Sanmartín.
Cargos desempeñados Director Técnico da Federación Provincial de Atletismo da Coruña (1987-1988). Director Técnico da Federación Galega de Atletismo (1988-2006). Fundador e primeiro presidente do Club Atletismo Sada (CAS) (1994). Membro da Xunta de Goberno da Real Federación Española de Atletismo (2006-2014). Membro da Comisión Delegada da Real Federación Española de Atletismo, en calidade de representante das federacións autonómicas (2006-2014).Miembro Comisión Delegada RFEA . Membro da Comisión de Avaliación dos Deportistas Galegos de Alto Nivel da Xunta de Galicia (2006-2014). Membro da Comisión de Avaliación de Bolsas para Deportistas da Deputación Provincial da Coruña (2009-2014). Presidente da Federación Galega de Atletismo (2006-2010).Primera legislatura en la presidencia de la FGA . Presidente da Federación Galega de Atletismo (2010-2014).Segunda legislatura en la presidencia de la FGA. Presidente da Federación Galega de Atletismo. Reelixido no 2014.Diario La Voz de Galicia.
Tamén formou parte, en calidade de voceiro, da Comisión de Federacións Deportivas Autonómicas (COFEDEA),Portavoz COFEDEA. que representa a uns 2 300 000 deportistas e a 434 federacións autonómicas, creada a raíz da implantación polo Goberno de España da denominada "Licencia Deportiva Única".Licencia Deportiva Única.
Outras actividades É colaborador habitual do diario La Voz de Galicia.Colaborador La Voz de Galicia.
Así mesmo, foi o fundador e director do programa da Televisión de Galicia (TVG2) "Citius, Altius, Fortius", producido integramente pola Federación Galega de Atletismo.
A súa faceta como adestrador e preparador físico Durante o período de 1989-1994 exerceu tarefas de adestrador de atletas como Roberto Faya, Cristina Veiga, Julio Fernández, Pablo Pérez, Suso Platas, Ángel Fidalgo, Jesús Díaz ou Rubén Piñeiro.Sportis Formación .