Tomasz Kamusella, nado en 1967 en Koźle, é un historiador e politicólogo polaco, especialista nas relacións entre política lingüística, nacionalismo e etnicidade.

Traxectoria Graduouse en filoloxía inglesa na Universidade de Silesia, e realizou estudos de posgrao en literatura inglesa na Universidade de Potchefstroom (Suráfrica) e de estudos europeos no campus de Praga da Universidade Centroeuropea. Doutorouse en ciencias políticas no Instituto Occidental de  Poznań, Polonia e logrou a habilitación en estudos culturais na Universidade de Ciencias Sociais e Humanidades de Varsovia. Actividade académica Entre 1995 e 2007 deu clases na Universidade de Opole en Polonia, e de 2002 a 2006 realizou investigación posdoutoral no  Instituto Universitario Europeo de Florencia, no Centro John W. Kluge da Biblioteca do Congreso en Washington, D. C., no Instituto de Ciencias Humanas de Viena e no Herder-Institut de Marburg. Entre 2007-10 foi profesor visitante e ensinou historia europea centroriental e polaca e mais política no Trinity College de Dublín en 2010-11 na Universidade de Economía de Cracovia e en 2011 traballou no Centro de Investigación Eslavo da Universidade de Hokkaido en Sapporo.. Dende 2011 imparte clases na Escola de Historia da Universidade de St Andrews, St Andrews en Fife (Escocia)

The Politics of Language and Nationalism in Modern Central Europe (2008)— a principal síntese de Kamusella sobre historias, nacionalismos e linguas na Europa central e do leste— recibiu eloxios nas principais revistas académicas, e mais tamén de Timothy Snyder de Yale e Peter Burke de Cambridge.Tim Snyder, "European Romance," Times Literary Supplement, (26 de febreiro de 2010): 10–11.

Actividade na administración En 1996 converteuse no plenipotenciario de integración europea de Opole, e de 1999 a 2002 foi asesor de asuntos internacionais da autoridade rexional de Opole. En colaboración coa Universidade de Opole, entre 1997 e 2001 logrou do Consello de Europa o finaciamento para a creación do Centro de Documentación Europeo en Opole para a difusión do acervo comunitario entre a poboación rexional e que conformou a base para a fundación do departamento de dereito da Universidade de Opole. En 1998, no marco do Programa de Visitantes da Unión Europa, acudiu á Comunidade Autónoma de Galicia o que permitiu a sinatura o ano seguinte dun acordo de cooperación entre Galicia e a rexión de Opole.

Obra Schlonzsko: Horní Slezsko, Oberschlesien, Górny Śląsk. Esej o regionie i jego mieszkańcach. Elbląska Oficyna Wydawnicza, Elbing 2001, ISBN 83-913452-2-X. Polsko-angielsko-niemiecki glosariusz regionalny Województwa Opolskiego. Oficyna Piastowska, Opole, 2004, ISBN 83-89357-18-6. Schlonzska mowa. Język, Górny Śląsk i nacjonalizm. Vol. I, NOS, Zabrze, 2005, ISBN 83-919589-2-2. Schlonzska mowa. Język, Górny Śląsk i nacjonalizm. Vol, II, NOS, Zabrze, 2006, ISBN 83-919589-2-2. W bżuhu vieloryba. Wydawnictwo A Marszałek, Toruń, 2006, ISBN 83-7441-383-2. Schlonzsko: Horní Slezsko, Oberschlesien, Górny Śląsk. Esej o regionie i jego mieszkańcach. 2 vol. NOS, Zabrze, 2006, ISBN 83-60540-51-9. Uwag kilka o dyskryminacji Ślązaków i Niemców górnośląskich w postkomunistycznej Polsce NOS, Zabrze, 2007, ISBN 978-83-60540-68-8. Silesia and Central European Nationalisms: The Emergence of National and Ethnic Groups in Prussian Silesia and Austrian Silesia, 1848–1918. 2007. West Lafayette, IN: Purdue University Press, 386 pp. . O Schlonzsku i nacjonalizmie. NOS, Zabrze, 2008, ISBN 978-83-60540-60-2. Maski i twarze nacjonalizmu. NOS, Zabrze, 2008, ISBN 978-83-60540-84-8. The Politics of Language and Nationalism in Modern Central Europe. 2009. Basingstoke, UK: Palgrave Macmillan, 1168 pp. . Ślōnsko godka. NOS, Zabrze, 2014, ISBN 978-83-60540-22-0. Warszawa wie lepiej Ślązaków nie ma. O dyskryminacji i języku śląskim. NOS, Zabrze, 2014, ISBN 978-83-60540-21-3. Creating Languages in Central Europe During the Last Millennium. 2015. Basingstoke: Palgrave Pivot, 168 pp.; . The Un-Polish Poland, 1989 and the Illusion of Regained Historical Continuity. 2017. Basingstoke: Palgrave Pivot, 162 pp.; . Ethnic Cleansing During the Cold War: The Forgotten 1989 Expulsion of Turks from Communist Bulgaria (Ser: Routledge Studies in Modern European History). 2018. Londres: Routledge, 328pp. .

Notas

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Profesores da Universidade de St Andrews Categoría:Nados no voivodato de Opole Categoría:Lingüistas da lingua silesiana