miniatura|Igrexa de Santa María do Castelo de Castronuño. Castronuño é un municipio de España, ao suroeste da provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León e comarca da Tierra del Vino, na marxe esquerda do río Douro..

Xeografía O municipio, situado a unha altitude media de 700 msnm, conta cunha superficie de 124,30 km². Segundo o censo de 2017 tiña unha poboación de 871 habitantes, o que daba unha densidade de 7,01 hab./km² nese ano.

Castronuño localízase ao sueste da provincia valisoletana, equidistante coas provincias de Zamora e de Salamanca.

Popularmente coñécese como a Gran Florida del Duero.Municipios del Camino. Castronuño En mundicamino.com .

Demografía

Poboación Evolución demográfica nos últimos anos Instituto Nacional de Estadística. 1991 1996 2001 2004 2014 2017 1 227 1 111 1 095 1 049 939 871

Monumentos e lugares de interese

Castronuño conta cunha importante riqueza paisaxística; lugares, recunchos e edificios que invitan ao visitante a un paseo pola vila. Encravado na Reserva Natural Riberas de Castronuño-Vega del Duero, o municipio conta entre os seus atractivos con este espazo protexido."La Gran Florida del Duero". El País. 11-12-2004. Consultada o 04-09-2018.

Desde o miradoiro que posíe en La Muela'' pode observarse a curva que describe o Douro, considerada un dos meandros máis grandes de Europa.

Igrexa de Santa María do Castelo Encoro de Castronuño. Reserva Natural de las Riberas de Castronuño-Vega del Duero.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web do Ayuntamiento de Castronuño, Deputación Provincial e Vallladolid. Web do Ayuntamiento de Castronuño.

Categoría:Concellos da provincia de Valladolid