Elvira Landín Aguirre nada en Bilbao en 1944 é unha avogada laboralista. Traxectoria Xunto con Fernando Randulfe, abriu un despacho laboralista nos primeiros anos setenta do século XX en Vigo en pleno franquismo, en 1976 únese Guillermo Barros Arias-Castro.

É executiva da asociación Xustiza e Sociedade de Galiza e colaboradora do Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP).

Foi entrevistada no documental Vigo 1972. A hora da memoria.

Recoñecemento Foi recoñecida polo seu labor o 22 de novembro de 2014 por militantes da esquerda galega e homenaxeada por Comisións Obreiras e a Fundación 10 de Marzo xunto con Fernando Randulfe pola súa traxectoria e apoio á clase obreira de Vigo no ano 2015. Vida persoal

Estivo casada con Fernando Randulfe, con que tivo dúas fillas, Amaya e Iria.

Elvira Landín é a tía do escritor feminista Gorka Mola Landín Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Avogados de Vigo Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes