Abuso sexual de menores, abuso sexual infantil ou abuso sexual de nenos é unha forma de abuso infantil na que un adulto ou adolescente máis vello usa un neno para a estimulación sexual. Formas de abuso sexual infantil inclúen pedir ou forzar o neno a participar en actividades sexuais (independentemente do resultado), exposición indecente (dos órganos xenitais, mamilas femininas, etc) a un neno coa intención de satisfacer os seus propios desexos sexuais, ou para intimidar o neno, ter contacto físico sexual cun neno, ou usar un neno para producir pornografía infantil.

Os efectos do abuso sexual de nenos pode incluír depresión, ansiedade, trastorno de estrés postraumático complexo, propensión de máis vitimización na idade adulta, e lesión física no neno, entre outros problemas. O abuso sexual por parte dun membro da familia é unha forma de incesto e pode resultar en trauma psicolóxico máis serio e de longo prazo, especialmente no caso de incesto parental.

Notas

Categoría:Delitos Categoría:Sexo Categoría:Violencia