Claire Denis, nada en París o 21 de abril de 1948, é unha directora de cinema francesa e profesora do European Graduate School en Saas-Fee, Suíza.
Traxectoria Denis naceu en París, e creceu en diferentes colonias francesas (Burkina Faso, Somalia, o Senegal e o Camerún), onde o seu pai foi funcionario público.Hermione Eyre, "Claire Denis on filmmaking and feminism ," Prospect, 21 de xuño de 2010.
Estudou economía, pero abandonou a carreira. Logo asistiu ó IDHEC, a escola de cinema francesa. Logo de graduarse, traballou como asistente de Jacques Rivette, Costa-Gavras, Jim Jarmusch e Wim Wenders. Dende 2002, Claire Denis é profesora de cinema na Escola Europea de Graduados en Saas-Fee, Suíza.
O seu debut foi no filme Chocolat (1988), unha reflexión semi-autobiográfica sobre o colonialismo africano, que lle valeu a aclamación da crítica. Con filmes como US Go Home (1994), Nénette et Boni (1996), Beau travail (1999), Trouble Every Day (2001) e Vendredi soir (2002), estabeleceu unha reputación como realizadora, que «puido reconciliar a lírica do cinema francés co impulso por capturar a, a miúdo, dura cara da Francia contemporánea».
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en París Categoría:Directores de cinema de Francia