Margie Adam, nada en 1947 en Lompoc, California é unha cantautora estadounidense. Adam é unha das pioneiras da chamada "women's music", corrente liderada por outras intérpretes como Ferron, Cris Williamson e Meg Christian.
Traxectoria Margie Adam naceu en 1947 en Lompoc, California. O seu pai traballaba nun xornal e compuña cancións á vez, e a súa nai era unha pianista clásica. Adam empezou a tocar o piano a unha temperá idade. Gradouse na Universidade de California en 1971.
En 1973, mentres asistía ao Festival Musical de Mulleres de Sacramento, tocou algunhas cancións nunha sesión de micrófono aberto e a partir de alí empezou a súa carreira musical. O seguinte ano, o primeiro Festival Nacional Musical de Mulleres foi levado a cabo en Champaign-Urbana, Illinois. Adam estivo presente, xunto a Meg Christian e Cris Williamson. Esta reunión foi sumamente importante na creación do movemento "women's music".
Notas
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Pianistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Santa Barbara, California