George Murnu, ou en arromanés Ioryi Murnu, nado o 1 de xaneiro de 1868 en Veria e finado o 17 de novembro de 1957 en Bucarest, foi un escritor, tradutor e historiador romanés, membro da Academia Romanesa dende 1923Academia Română - Membri titulari da AR.. Irmán de Ary Murnu (1881-1971), artista plástico.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia arromanesa na aldea de Brazi, preto da cidade de Veria, na época parte da Macedonia otomá e dende o século XX de Grecia, non moi lonxe do río Bistrita. O seu pai, Ioan Murnu estudara en Atenas e foi profesor de grego, latín e francés en Xanthi (na actual Grecia) e en Bitola (na actual Macedonia do Norte), antes de se ordenar sacerdote, exercendo como párroco da igrexa greco-macedonia en Budapest. George medrou en Veria, localizada preto de varios asentamentos arromaneses, Marușea, Șelea de Sus, Șelea de Jos ou Xirulivad.
Realizou estudos primarios en Veria e secundarios en Bitola, e logo na Universidade de Bucarest, profesor na Universidade de Iaşi en 1893 e ao pouco marchou a Múnic para realizar estudos de posgrao, volvendo a Romanía tras doutorarse en filoloxía. Foi profesor titular do departamento de arqueoloxía da Universidade de Bucarest e director do Museo Nacional de Arqueoloxía (1909).
Traduciu ao romanés a Ilíada mais a Odisea, o que constituíu un acontecemento fundamental na evolución da lingua literaria romanesaGeorge Călinescu, Istoria literaturii române de la origini până în prezent, 1941.. A súa tradución asimilou organicamente a lingua orixinal no espírito da lingua de adopción, procurando no folclore e tradicións romanesas equivalencias da lingua e a mentalidade da épica homérica, nunha íntima familiarización co espírito romanés popular exercendo unha grande influencia na lingua doutros autores. En 1906 publicou en Budapest a primeira parte da súa tradución da Ilíada, en hexametros, e en 1912 deu ao prelo en Bucarest a segunda parte. O texto completo apareceu en 1916, seguíronlle numerosas edicións revisadas ata a aparición da versión definitiva en 1973 que inclúe cambios realizados nos últimos anos da súa vida. A publicación da súa tradución da Odisea foi en 1924 en endecasílabos iámbicos, tamén viu varias edicións corrixidas e a edición definitiva en 1971. Traduciu tamén Electra (1910) e Edipo rei (1943) de Sófocles e Orestia (1942) de Esquilo.
Escribiu poesía orixinal, tanto en arromanés como en romanés, de temas bucólicos. Participou na creación de varias publicacións periódicas, xa en 1888 participou na creación de Macedonia. Revista romànilor din Peninsula Balcanică, onde se publicaba literatura orixinal en arromanés, colaborou no Almanahul macedo-român (1900-1903), Lumina. Revistă poporană a românilor din Imperiul Otoman (1903-1908), formou parte do comité de redacción do Calendarul Aromânesc pe anul (1910-1911). En 1911 editou en Bucarest co tamén arromanés Ion Foti a publicación mensual Revista Balcanică, de curta vida. En 1929 colaborou cunha nova proposta arromanesa, Revista Aromănească que se mantivo ata 1931.
Obra Poesía en romanés
1898 - Gânduri și vise, 1925 - Alme Sol, 1934 - Altare, 1934 - Ritmuri pentru tine. 1940 - Tropare,
Poesía en arromanés
1931 - Ritmuri macedonene, Salbă de cântec aromânesc, Chita și Bură.
Ensaios Studiu asupra elementului grec ante-fanariot în limba română, Bucarest, 1894 Rumanische Lehn-worter im Neugriechischen, mit historischen Vorbe-merkungen. Munic, 1902 (tese de doutoramento) Monumente antice din Roma. Bucarest, 1907 Portretul elin. Studiu iconografic din arheologia clasica. Bucarest, 1908 Atena și ruinele ei. Bucarest, 1910 Istoria românilor de la Pind. Vlahia Mare (980 - 1259). Bucarest, 1913 Cele mai frumoase doine ale poporului roman, dupa diferite colectiuni. Bucarest, 1922 Bair di cãntic armãnescu. Bucarest, 1932 Românii din Bulgaria medievală. Bucarest, 1937
Notas
Ligazóns externas
Membrii Academiei Române din 1866 până în prezent – M
Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados en 1868 Categoría:Escritores en lingua arromanesa Categoría:Tradutores de Romanía Categoría:Escritores en lingua romanesa Categoría:Tradutores do grego Categoría:Nados na periferia de Macedonia Central Categoría:Alumnos da Universidade de Bucarest