O termo elemento traza pode facer referencia a:
O elemento traza ou micronutriente, en bioquímica, é un elemento químico que é necesario en cantidades ínfimas para o crecemento, desenvolvemento e fisioloxía dun organismo. O elemento traza, en química analítica, elemento químico presente nunha mostra que posúe unha concentración media menor de 100 partes por millón (de realizarmos a medición nun contador atómico), ou menor de 100 microgramos por gramo. O elemento traza, en xeoquímica, especialmente no campo da petroloxía ígnea, elemento químico cuxa concentración é menor de 1 000 partes por millón ou menor do 0,1 % da composición dunha rocha.