A "Muiñeira de Chantada" é unha peza tradicional da música tradicional galega. Historia A muiñeira foi composta en 1865 polos irmáns Manuel e Antonio Fernández, da Banda do Ferraias. Foi estreada nas festas da parroquia de Veiga (Chantada), e Vitoriano Fernández García, fillo de Manuel, adaptouna a partitura.
A peza foi popularizada polos Gaiteiros de Soutelo, os irmáns Cachafeiro, que en 1928 fixeron a primeira gravación da peza. En 1978 foi gravada de novo polo grupo Son Lalín, creado para o selo Xeira polo produtor coruñés Gustavo Ramudo con músicos de estudio. Fixeron unha versión pop con instrumentación de baixo e batería e con acompañamento electrónico, que tivo sona en discotecas e vendeu máis de cinco millóns de discos."Muiñeira", en Galicia Única, 9 de novembro de 2010 . Esta versión aparece tamén no capítulo final da serie Fariña.
A muiñeira foi adaptada, entre outros, por Milladoiro, Carlos Núñez e The Chieftains"Alborada Gallega" e "Muiñeira de Chantada", Carlos Núñez e The Chieftains., Susana Seivane,"Muiñeira de Chantada", Susana Seivane. Cristina Pato ou a Real Banda de Gaitas"Alborada Gallega" e "Muiñeira de Chantada", Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Conto sobre a orixe da Muiñeira de Chantada popularizada por Avelino Cachafeiro - Consultado o 05/09/2018
Categoría:Composicións musicais galegas Categoría:Composicións musicais de 1865 Categoría:Muiñeira Categoría:Chantada