Teófilo del Valle Pérez, nado en Silleda o 1 de febreiro de 1956 e finado en Elda o 24 de febreiro de 1976, foi un oficinista morto por disparos da Policía Armada durante unha folga do calzado.
Traxectoria A principios dos anos sesenta, cando tiña oito anos, a familia trasladouse a Elda. Estudou en Elda e moi novo marchou a Eivisa para traballar como disc-jokey. Retornou a Elda e foi administrativo nunha empresa de calzado. Foi asasinado pola Policía Armada durante unha manifestación con motivo das folgas do calzado. Logo da súa morte realizouse unha folga xeral nas comarcas do Vinalopó e ao seu enterro asistiron máis de 20.000 persoas. Creouse unha comisión cidadá esixindo responsabilidades que foi ignorada polas autoridades.
Recoñecementos
A localidade veciña de Petrer nomeou o Parque Teófilo del Valle en conmemoración. En 2016 os concellos de Elda e Petrer realizaron un acto de conmemoración da súa morte nese parque. En 2012 Izquierda Unida presentou unha moción no Concello de Elda para que se asignase unha rúa a Teófilo del Valle. Esta moción foi rexeitada polo Partido Popular. En 2016, Izquierda Unida anunciou a asignación dun espazo público co seu nome.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Igrexas, Manuel: "O silledense Teófilo del Valle, primeira vítima do francarlismo" (3/6/2018) en Historias de Deza.
Juan, Manuel de: Teófilo del Valle, Elda 24 de febrero de 1976. Otra muerte impune (19/2/2022)
Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1956 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes