Carlos Alberto del Pulgar Sabín, nado en Ferrol o 2 de xuño de 1948,Del Pulgar Sabín, Carlos Alberto, en: VV. AA. (2002): Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela, S.A. ISBN 84-8064-113-4. é un empresario, escritor e editor galego, especializado na publicación de textos ilustrados sobre arte, e en libros didácticos para a educación de lectores infantís e xuvenís.

Traxectoria Licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. Desde xuño de 1966 a outubro de 1987 traballou como técnico na compañía Telefónica.

En febreiro de 1984 fundou en Vigo a editorial Nova Galicia Edicións, da que é, até a actualidade, director, co obxectivo de recuperar documentos históricos para a súa edición facsimilar, como A Nosa Terra (1916), Galeuzca, A Fouce e outras, e de promover a arte e, en xeral, a cultura galegas, tanto dentro do país como alén das súas fronteiras.Páxina web da editorial .

No ano 1997 comezou un proxecto, en colaboración co Museo Gallego da Arte, proxectado por Álvaro Siza e construído entre 1988 e 1993 en Santiago de Compostela,Museo Gallego de Arte . preto do convento de San Domingos de Bonaval, e coñecido hoxe como Centro Galego de Arte Contemporánea, unha serie sobre artistas galegos: "Artistas pintores", "Artistas arquitectos" e "Artistas escultores", que hoxe en día alcanza 30 volumes dedicados aos artistas máis importantes de todos os tempos (máis de 500 en total).

Desde o ano 2000 vén realizando edicións en galego e portugués, dentro da colección Nova Galicia Arte, de monografías dedicadas aos máis importantes artistas da pintura universal, e, a partir de 2003 comezou a editar libros para o público infantil e xuvenil, non só de narrativa e libros ilustrados, senón tamén de libros didácticos, tanto para os nenos como para os seus pais e profesores. Neste campo destaca a colección Contos de mamá, dirixida a nenas e nenos que se inician na lectura, e tamén as coleccións Qué me dis de..., Saber para vivir, Saber para crecer e Temas de hoy, que tratan temas de actualidade de grande interese en todos os sectores da sociedade; de curta extensión, cunha linguaxe actual, e ilustrados, abordan temas de actualidade que preocupan a pais, educadores e á sociedade en xeral, como o consumo de drogas, de alcohol, de tabaco, a violencia escolar, o respecto e a igualdade.

No ano 2004 gañou o Premio ao Libro Mellor Editado na categoría de Arte, do Ministerio de Cultura de España, pola obra Quessada. Arte e liberdade.Un traballo de Quessada preséntase nunha edición de luxo ABC. Ed. Galicia, 03/08/2005.

Obras Sobre arte galega Artistas pintores. Postguerra I: figuraciones (2000). ISBN 978-84-8775-541-5. A nosa pintura (2002). ISBN 978-84-9607-024-0. (Contén estudos sobre J. Pérez Villaamil, Sotomayor, Bello Piñeiro, Imeldo Corral, Camilo Díaz Baliño, Máximo Ramos e Segura Torrella). Edición para o Concello de Ferrol. Artistas pintores. Realismos: expresionismos (2003). ISBN 978-84-8775-551-4. Artistas: arquitectos (2006). ISBN 978-84-8775-597-2. Artistas pintores, vol. I: romanticismo y realismo en el siglo XIX (2009). ISBN 978-84-9367-053-5.

Infantís e xuvenís La Moneda De Oro / The Golden Coin (2004; con Marcos Ta). ISBN 978-84-9607-099-8. Emociones y sentimientos. Colección Saber para vivir / Learn to Live (2006; con María Del Carmen Míguez Varela). ISBN 978-84-8540-117-8. Consumismo. Colección Saber para vivir / Learn to Live (2006; con Rafael Rodriguez Villarino). ISBN 978-84-8540-121-5. Alcohol. Colección Saber para vivir / Learn to Live" (2007; con María del Carmen Lorenzo Pontevedra). ISBN 978-84-9695-035-1. Autoestima. Colección Saber para vivir / Learn to Live (2007; con María del Carmen Lorenzo Pontevedra). ISBN 978-84-9695-050-4. Cuida tu planeta / Take Care of Your Planet. Colección Qué me dices de... (2007; con Manuel Antonio Fernández Domínguez). ISBN 978-84-9695-032-0. Estudiar mejor... todo un deporte. Colección Saber para vivir / Learn to Live (2007; con Pilar María Barreiro González). ISBN 978-84-8540-119-2. El grifo de Juan / Juan's Faucet. Colección Saber para vivir / Learn to Live (2007; con Cafe Roma). ISBN 978-84-9695-065-8. Higiene personal. Colección Qué me dices de... / What About... (2016; con Ernesto Smyth Chamosa). ISBN 978-84-9695-056-6. Decir no. Colección Temas de hoy (2016). ISBN 978-84-9438-814-9. Concientizarse. Colección Temas de hoy (2016). ISBN 978-84-9438-816-3.

Edicións 2005 - Museos. Arte e cultura de Galicia e Norte de Portugal (2005). ISBN 978-84-9629-374-8. 4 tomos: "Allariz-Corcubión", "A Coruña-Ourense", "Paços de Ferreira-Santiago de Compostela" e "Santiago de Compostela-Zas".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nova Galicia Edicións

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Editores de Galicia Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1948