Janet Patricia Gardner, nada en Juneau (Alasca) o 21 de marzo de 1962, é unha música e compositora estadounidense, coñecida popularmente por ser a vocalista da banda de glam metal Vixen.
Traxectoria dereita|miniatura|Vixen en 2014.
É filla de Rulon B. Gardner, enxeñeiro civil que traballou durante anos no Servizo Forestal dos Estados Unidos en Alasca e Utah, pero na súa gran maioría en Bozeman (Montana), onde Janet creceu. A súa nai Margaret era unha pianista dunha igrexa dos Santo dos Últimos Días. Desde moi pequena uniuse a varios coros escolares, onde ademais aprendeu a tocar o piano e a guitarra.
Iniciou a súa carreira en 1980 cando foi convidada pola guitarrista Jan Kuehnemund a unirse a Vixen, logo de vela cantar nun pub. Ao ano seguinte fixo a súa primeira aparición xunto a Vixen na película Hardbodies, personificando á banda de ficción Diaper Rash.
En 1988 e logo de asinar co selo EMI Music, alcanzou a fama xunto á banda grazas aos seus discos Vixen e Rev It Up, pero ao pouco tempo separáronse por diferenzas musicais. En 1997 e xunto a Roxy Petrucci reformaron a agrupación e gravaron Tangerine, pero ao non posuír a autorización de Jan disolvéronse en 1999.
En 2004 participou na reunión de Vixen para o programa de televisión Bands Reunited da canle VH1. Anos despois e xunto a Share Pedersen, Roxy e Gina Stile decidiron crear unha nova versión de Vixen chamada simplemente VXN, pero para non ter problemas con Jan por asuntos de dereitos de autoría, cambiárono a JSRG. En decembro de 2013 xunto a Roxy, Share e Gina refundaron Vixen, como unha maneira de manter o legado de Jan, que faleceu de cancro dous meses antes. Doutra banda, en 2017 publicou até agora o único disco de estudo epónimo da súa carreira en solitario. O 16 de xaneiro de 2019, publicou en Facebook que a súa retirada de Vixen quedou definitiva.
En 2005 titulouse como hixienista dental na Universidade de Bridgeport. Vive en Trumbull (Connecticut) a canda seu home Justin James. Antes casara con Andy Katz, un técnico de son e guitarrista, con que ten un fillo que se chama Ryan.
Discografía con Vixen Vixen (1988) Rev It Up (1990) Tangerine (1998)
En solitario Janet Gardner (2017) Your Place in the Sun (2019)
Notas
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Juneau Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América