miniatura|Antoniniano a nome do emperador Aureliano miniatura|Antoniniano a nome de Tranquilina, esposa de Gordiano III O antoninano (lat.antoninianus) foi unha moeda do Imperio Romano, creada nos inicios do século III d. C. co valor de dous denarios. Orixinalmente de prata, o antoniniano foise desvalorizando gradualmente ata se converter nunha moeda de billón."Antoninianus (Double Denarius)". En Forvm Ancient Coins (en inglés)"Antoninianus ". En Monete-Romane.com (en inglés)

As súas características máis salientables para unha rápida identificación son os bustos coroados cunha coroa de raios, no caso dos emperadores, e cunha media lúa na súa base, no caso das emperatrices."The Very Highest Quality Roman Coins: the Antoninianus". En 24carat.co.uk (en inglés)"Cabezas coronadas ". En Edouardlouvet: Monedas Romanas (en castelán)

Historia

Nacemento do antoniniano miniatura|esquerda|Antoniniano do século III a nome de Zenobia, co seu busto repousando sobre unha media lúa crecente O dobre denario foi creado en 215 polo emperador Caracalla. Hoxe descoñécese o nome que tivo esta moeda naqueles tempos, e foi na Idade Contemporánea cando se bautizou como "antoniniano", tomando como referencia o patronímico do seu creador: Marcus Aurelius Severus Antoninus (alcumado Caracalla).

O antoniniano tiña na súa orixe a mesma lei có denario (a mesma proporción de prata), e foi emitido por cun valor teórico do dobre dun denario, aínda que cun peso de só cinco gramos (1/64 de libra romana) e non seis, como lle correspondería, xa que o denario pesaba tres, o que inicialmente lle provocou ao Estado imperial unha liquidez substancial. Este dobre denario foi emitido durante algúns anos, ata ser abandonado en 240, cando se retoma o denario.Depeyrot (2006): páxinas 127 e 135."El origen del antoniniano". En Divus Probus. Monedas de Marco Aurelio Probo (en castelán)

Expansión desordenada Logo do abandono da produción en 240, as crecentes necesidades de financiamento do Estado motivaron que se retomase e, mesmo, que se incrementase a produción de antoninianos, en particular a partir do reinado de Gordiano III (238-244), mentres que as cuñaxes de denarios se reducían.

A multiplicación das emisións de antoninianos por numerosos emperadores e usurpadores a mediados do século III orixinou unha tendencia de desvalorización e de inflación, que aceleraron a partir dos reinados de Valeriano (253-260) e Galieno (260-268):Lukács, B. "On the continuous devaluation of the roman currency " (en inglés)"La devaluación del antoniniano". No blog Curiosidades Numismáticas. 2014 (en castelán)Sear, D. R. Roman Coins and Their Values Volume III The Third Century Crisis and Recovery AD 235-285. Spink & Son Ltd. 2005.  Páxina 21 e seguintes (en inglés) Os prezos subían constantemente, os particulares acumulaban as moedas que sabían que tiñan máis contido de prata, e só mantiñan en circulación as febles, xerando unha escaseza de prata en circulación. Os impostos recadábanse en moeda desvalorizada, mentres que os gastos militares aumentaban sen parar: o continuo incremento da masa monetaria en circulación era a solución máis doada para os xestores das finanzas imperiais. Os obradoiros monetarios multiplicábanse e víanse na obriga de compensar a falla de metais nobres emitindo antoninianos cada vez máis lixeiros e cada vez con menor contido de prata. Xurdiron obradoiros provinciais, máis ou menos tolerados, instalados ás veces en campamentos militares, e mesmo falsificadores que emitían pola súa banda antoninianos moi pobres en grandes cantidades. Como consecuencia desta situación, a lei da prata dos antoniniados chegou a tocar fondo:Paul Petit, Histoire générale de l’Empire romain. Seuil, 1974. ISBN 2020026775 miniatura|580px|A progresiva desvalorización do antoniniano 50 % de prata e 5,1 gramos no inicio, en 215, baixo Caracalla. 10 % e 2,5 gramos en 260. 2,4 % e 2,5 gramos en 268. No Imperio Galo, grazas ás existencias de metais monetizables existentes na conca do Rin, e ás minas de Hispania, o antoniniano mantívose cunha calidade axeitada ata preto de 265, ata que comezou a decaer coma no resto do Imperio. Baixo Claudio II e Tetrico, a creba do antoniniano foi total: as moedas oficiais e as pezas falsas (chamadas radiati barbari) circulaban conxuntamente en cantidades millonarias, con pesos inferiores aos 3 gramos e con apenas o 1 % de prata. A cuñaxe doutras moedas de cobre e de bronce practicamente se detivo, xa que o seu custo de produción superaba o seu valor teórico.Depeyrot (2006): páxina 122. As emisións de moedas de prata nas cidades orientais do imperio non puideron sosterse e ese paupérrimo antoniniano pasou a ser a única moeda en todo o Imperio, agás en Exipto, illado polo seu status especial.

A reforma monetaria de Aureliano miniatura|esquerda|Antoniniano aurelianus coa indicación XXI e a marca do obradoiro monetario de Palmira En 274, logo de reunificar o Imperio e reprimir severamente as fraudes do obradoiro monetario de Roma, Aureliano modificou o sistema monetario coa introdución de dúas novas moedas de billón, cun peso de 1/84 de onza (3,9 gramos) e fabricadas cunha aliaxe de mellor calidade cá do desvalorizado antoniniano, en dúas versións:Lafaurie, Jean. "Réformes monétaires d'Aurélien et de Dioclétien". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 17. 1975. Páxinas 74-75 (en francés)"La reforma de Aureliano". En Divus Probus. Monedas de Marco Aurelio Probo (en castelán) A coñecida como aurelianus, que levaba as marcas XX I en Occidente ou K A en caracteres gregos, o que se interpreta como sinal de conter 20 partes de cobre por unha de prata. O dobre aurelianus, coa marca XI: 10 partes de cobre por unha de prata."El código XXI o KA". En Divus Probus. Monedas de Marco Aurelio Probo (en castelán) Para autenticar a orixe das cuñaxes, Aureliano ordenou ademais engadir no reverso unha marca específica de cada obradoiro monetario, unha práctica que xa se utilizara baixo o reinado de Gallienus e Salonina. Paralelamente a estas emisións, o antoniniano, xa case sen valor, foi eliminado gradualmente. O aurelianus circulou durante vinte anos, ata que de desvaloriza e desaparece en 294 baixo Diocleciano, coas reformas monetarias da Tetrarquía.

Na tradición numismática actual, o aurelianus non se concibe como unha moeda independente, senón como unha variante do antoniniano."Debasement of the antoninianus". En Monnaies de l'Empire Romain SD 268-276 (en inglés): "in the spring of 274, the reformed antoninianus, the aurelianus, was introduced in all the mints".

Tesouros de antoninianos Entre os tesouros de antoninianos máis salientables dos atopados na Idade Contemporánea, polo seu número de pezas, están os seguintes: Tesouro de Évreux, descuberto en 1885, con 340 Kg de moedas romanas, que contén preto de 110.000 antoninianos, dos que aproximadamente 15.500 levan o busto do emperador Galieno.Aubin, G.; Loriot, X.; Scheers, S. "Corpus des Trésors monétaires antiques de la France, tome IV, Haute Normandie". En Revue archéologique de l'ouest. Tomo 3. 1986. Páxinas 160-161 (en francés) Tesouro de Komin, descuberto en 1918 nesa localidade croata próxima a Dubrovnik, con máis de 300.000 pezas.Mirnik, Ivan. "Maksimijanov aureus iz skupnog nalaza u Petrijancu" (O áureo de Maximiano do tesouro de Petrijanec). En Archaeologia adriatica (1846-4807) 2 (2009), 2; 433-452 (en croata). Abstract: "only in the 1918 treasure of Komin there were c. 30.000 specimens of Antoniniani" (en inglés) Tesouro de Eauze, descuberto en 1985 nesa localidade francesa, con 28.000 moedas romanas de prata e billón: dividido en 4.706 denarios e 23.297 antoninianos.Dieulafait, F.; Guiraud, H.; Pailler, J.; Schaad, D. Le Trésor de Eauze (Gers). Toulouse, 1987. ISBN 2-905564-08-3Schaad, D. e outros. "Le trésor d'Eauze, bijoux et monnaies du IIIe siècle après J.-C.". En APAMP. Toulouse, 1992. ISBN 2-905564-20-2 Tesouro de Les Authieux, en Normandía, con 1.084 antoninianos, 6 denarios e un áureo de finais do século III (exponse no museo da Monnaie de Paris)."La trouvaille des Authieux (II) : un trésor mixte contemporain de la réforme de Dioclétien ". En Trésors monétaires. 11. 1989. Páxinas 79-112 (en francés)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Roma Imperio Romano

Bibliografía Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699 Callu, Jean-Pierre. La politique monétaire des empereurs romains de 235 à 311. Éditions E. De Boccard. París, 1969. Cayón, Juan R. Compendio de las monedas del imperio romano. 1985. Tomo 1: ISBN 978-8492098002. Tomo 2: ISBN 978-8492098019 Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Depeyrot, Georges. Le Bas Empire romain, économie et numismatique (284-491). Edition Errance, 1987. ISBN 2903442401 Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305 Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003. Salmon, E. Togo. Roman Coins and Public Life under the Empire. The University of Michigan Press. Míchigan, 1999. Suarez, Rasiel. The Encyclopedia of Roman Imperial Coins. Dirty Old Books, 2005. Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8 Van Meter, David. The Handbook of Roman Imperial Coins. Laurion Press, 1990.

Ligazóns externas A historia do antoniniano en vídeo Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.

Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Imperio Romano