Estrela Abecassís de Laredo, nada en Melilla o 7 de febreiro de 1940, é unha investigadora e académica venezolana na área da física de materiais na Universidade Simón Bolívar (Caracas, Venezuela) onde foi distinguida co título de Profesora Emérita no ano 2009.

Traxectoria Foi galardoada co Premio Nacional de Ciencia, Mención Física, outorgado polo Consello Nacional para Investigacións Científicas e Tecnolóxicas. Salientan os seus traballos na Técnica de Correntes Termo Estimuladas de Polarización e Depolarización para a análise de materiais.

É fundadora da Sociedade Galileana da USB e do Laboratorio de Física do Estado Sólido e do Grupo FIMAC, tamén na USB. É membro da Asociación Venezolana para o Avance da Ciencia, da Sociedade Americana de Física (EUA) e da Sociedade Europea de Física. Foi autora ou editora de 33 libros ou monografías e foi coautora de máis de 100 publicacións arbitradas.

Notas

Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Melilla Categoría:Físicos de Venezuela Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Profesores da Universidade Simón Bolívar