Carmen Cardelle de Hartmann, nada en Monforte de Lemos o 20 de decembro de 1963 como María del Carmen Cardelle González, é unha filóloga galega-alemá.

Traxectoria Estudou filoloxía clásica entre 1981 e 1986 na Universidade de Santiago de Compostela e entre 1987 e 1988 cursou estudos de filoloxía latina, grega e española na Universidade de Sarre, en Saarbrücken (Alemaña). Doutorouse en filoloxía latina na mesma universidade en 1993.

De 1996 a 1998, fixo un posdoutoramento de "Crítica textual" na Universidade Ludwig Maximilian de Múnic (LMU). Entre 2002 e 2003 foi profesora adxunta do Instituto de filoloxía latina medieval da LMU, e no curso 2004 e 2005 pasou a ser profesora interina. Entre 2007 e 2008 foi directora do Instituto de filoloxía latina medieval da Universidade Ruprecht Karls de Heidelberg e dende setembro de 2008 é profesora e catedrática de filoloxía latina medieval e moderna na Universidade de Zürich.

Obra Libros Philologische Studien zur Chronik des Hydatius von Chaves (= Palingenesia. Schriftenreihe für klassische Altertumswissenschaft. Bd. 47.) Steiner, Stuttgart 1994, ISBN 3-515-06385-4 (Zugleich: Saarbrücken, Universität, Dissertation, 1993). Victoris Tunnunensis Chronicon cum reliquiis ex Consularibus Caesaraugustanis et Iohannis Biclarensis Chronicon. Brepols, Turnhout 2001. João de Santarém (Biclarense), Crónica, edición crítica e introdución por Carmen Cardelle de Hartmann e comentario histórico de Roger Collins, Lisboa: Edições Colibri (co patricinio do Instituto Português do Livro e das Bibliotecas), 2002, 184 S. (Collins, "Comentário histórico", S. 151-184) Lateinische Dialoge 1200–1400. Literaturhistorische Studie und Repertorium (= Mittellateinische Studien und Texte. Bd. 37). Brill, Leiden u. a. 2007, ISBN 978-90-04-16033-0. Parodie in den Carmina Burana, Mediävistische Perspektiven 4, Zürich 2014.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Libros de Carmen Cardelle de Hartmann no catálogo da Biblioteca Nacional de Alemaña Páxina de Carmen Cardelle de Hartmann na Universidade de Zürich

Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1963 Categoría:Profesores da Universidade de Zürich Categoría:Alumnos da Universidade do Sarre Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes